Skip to main content

Intercambios escolares

O Eixo Atlántico promove os Intercambios Escolares entre os municipios de Galicia e do Norte de Portugal, co obxectivo dar a coñecer entre os estudantes e docentes o seu municipio, os municipios integrantes do Eixo Atlántico e o propio Eixo Atlántico, así como o seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial). Dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria busca transmitir ós estudantes o valor de conformarmos un espazo único eurorrexional, así como a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

Intercambio escolar reforza lazos entre os nenos e nenas de Galicia e do Norte de Portugal

02 Xuño 2025
Nos días 26 e 27 de maio, Santa Maria da Feira acolleu un grupo de alumnos de 5.º e 6.º curso do concello galego de O Barco de Valdeorras, no marco dun intercambio escolar promovido polo Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico promove outra edición dos Intercambios Escolares

13 Decembro 2023
A III edición dos Intercambios Escolares organizaranse, a partir marzo, cunha participación de preto de 300 estudantes de dez municipios do Eixo Atlántico

Estudantes de Ribeira participan nun intercambio en Vila Real promovido polo Eixo Atlántico

21 Abril 2023
27 alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEP de Carreira e CEIP de Artes viaxan a Vila Real co fin de promover, entre os estudantes e docentes, o coñecemento do seu municipio e do patrimonio cultural, natural e inmaterial do Eixo Atlántico

O Eixo Atlântico presenta en Guimarães os intercambios escolares

13 Decembro 2022
Nesta edición, en torno a 250 nenos e nenas de 7 cidades da Eurorrexión disfrutarán deste programa. Os municipios participantes son: A Coruña, Braga, Guimarães, Ribeira, Santa Maria da Feira, Santiago de Compostela e Vila Real

Intercambio de escolares entre Riveira e Santa Maria da Feira

06 Xuño 2019
E a devolución da visita que fixeron os escolares de Feira ao Concello galego dentro do programa de Educación do Eixo Atlántico