A III edición dos Intercambios Escolares organizaranse, a partir marzo, cunha participación de preto de 300 estudantes de dez municipios do Eixo Atlántico
As cidades que participan son:
|
Municipio galego |
Municipio portugués |
|
Ribeira |
Guimarães |
|
Ourense |
Braga |
|
A Coruña |
Felgueiras |
|
O Barco Valdeorras |
Vila Real |
|
Santiago Compostela |
Santa Maria da Feira |
Tanto alumnos como docentes serán simultáneamente visitantes e anfitrións, organizando programas didácticos e lúdicos durante a estancia no municipio do país veciño co que farán o intercambio.
Este programa destínase a alumnos do 2º ciclo da ensinanza básica das escolas da rede pública localizadas nos municipios do Eixo Atlántico e os seu principales obxectivos son promover entre os estudantes e docentes o coñecemento de seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio; concienciar aos mozos e mozas estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e de formar parte dunha Eurorrexión; así como promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educativo.