O alcalde de Ribeira recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello a 31 rapaces do centro “Escolas Diogo Cão Vila Real”. Estes estudantes de 6º de Primaria, xunto
con varios dos seus mestres, están de visita no noso concello con motivo dun intercambio, escolar co CEIP de Carreira e co CEIP de Artes que previamente visitaron o país veciño. A actividade está promovida polo Eixo Atlántico.
Durante a recepción, os rapaces estiveron acompañados de Isabel Teixeira, Xefa de Servizos de Apoio Pedagóxico e Innovación Educativa, Carla Gregório, Profesora de Educación Visual e Tecnolóxica, Armando Ribeiro Félix, Director do Agrupamento de escolas Diogo Cao Vila Real e Pedro Miguel Santos Regadas, Director co curso 6ºF do Agrupamento de Escolas Diogo Cão Vila Real.
Trala cita na Casa Consistorial, o alumnado ten programada unha ruta por lugares emblemáticos do noso concello como a Pedra da Rá, Dolmen de Axeitos, Parque Periurbano de San Roque e unha visita guiada á Lonxa e ao Museo Municipal.
Durante o mércores visitaron Aguiño e participaron en diferentes actividades lúdicas organizadas polo concello.
