Nesta edición, en torno a 250 nenos e nenas de 7 cidades da Eurorrexión disfrutarán deste programa. Os municipios participantes son: A Coruña, Braga, Guimarães, Ribeira, Santa Maria
da Feira, Santiago de Compostela e Vila Real
O Eixo Atlántico presenta na Câmara Municipal de Guimarães os intercambios escolares entre nenos e nenas de Galicia e do Norte de Portugal. A partir do mes de marzo, os rapaces e rapazas de 2º ciclo do ensino básico desprazaranse ás escolas do país veciño co fin de promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do
propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, imaterial).
Este programa pretende que os estudantes sexan conscientes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e de formar parte da Eurorrexión, así como promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.
Nesta edición, en torno a 250 nenos e nenas de 7 cidades da Eurorrexión disfrutarán deste programa. Os municipios participantes son: A Coruña, Braga, Guimarães, Ribeira, Santa Maria da Feira, Santiago de Compostela e Vila Real. Cada grupo irá acompañado por dous profesores e un técnico do concello.
Nesta edición, as parellas de intercambios son:
|
Municipio Galego |
Municipio Portugués |
|
Ribeira |
Vila Real |
|
Ribeira |
Braga |
|
A Coruña |
Santa Maria da Feira |
|
Santiago de Compostela |
Guimarães |
Os participantes traballarán durante o curso coa Guía Didáctica, un informe visual co que se pretende mostrar ós nenos e as nenas da Eurorrexión todas as cidades que compoñen o Eixo Atlántico do que forman parte. Durante a primavera de 2023 terán lugar as visitas cunha duración de entre 2 e 3 días. Pode ver neste enlace a Guía Didáctica do Eixo Atlântico.
Adelina Pinto, presidenta do Grupo Temático para a Educación e Cultura do Eixo Atlântico e vice-presidenta da Câmara Municipal de Guimarães, destacou a importancia da iniciativa como “uma oportunidade de aprendizagem”e posibilita aos mozos “conhecer outras realidades” a través de proxectos que respondan á definición do perfil do alumno ao terminar a ensinanza obrigatoria. A rolda de prensa contou coa presencia da profesora e a alumnna de EB23 João de Meira, Susana Jordão e Constança.
O secretario xeral do Eixo Atlântico, Xóan Vázquez Mao, incidiu en que esta iniciativa está relacionada ca construcción da cidadanía europea a través dos máis mozos nunha aposta reforzada ao nivel da xuventude, educación e cultura. “Acreditamos muito neste programa e vamos fazer tudo para envolver mais escolas, mais municípios. Todavia, queremos que corra tudo bem e o importante é a qualidade e não a quantidade”, salientou.
Os intercambios escolares foron unha iniciativa do Eixo Atlántico que comezou hai máis de 20 anos e que se retomou en 2018 a suxestión dos municipios de Vila Real e Santiago de Compostela. A actividade desenvolveuse no curso lectivo 2018-19 e dado ó éxito da mesma decidiuse continuar o curso seguinte, se ben que coa pandemia non foi posible ata agora.
Esta actuación desenvólvese no marco do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg INTERREG V-A ESPANHA-PORTUGAL.