Skip to main content

Estudantes de Ribeira participan nun intercambio en Vila Real promovido polo Eixo Atlántico

Estudantes de Ribeira participan nun intercambio en Vila Real promovido polo Eixo Atlántico

27 alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEP de Carreira e CEIP de Artes viaxan a Vila Real co fin de promover, entre os estudantes e docentes, o coñecemento do seu municipio e do patrimonio cultural, natural e inmaterial do Eixo Atlántico

No Agrupamento de Escolas Diogo Cao, os nenos e nenas de Ribeira e Vila Real realizaron actividades de robótica, unha ruta polos Pasadizos do Corgo e visitaron o Palacio de Mateus e o Centro de Ciencia. No mes de maio, serán os estudantes de Vila Real os que viaxe a Ribeira. Así mesmo, o CEIP de Frións de Ribeira participarán nun intercambio con Braga. 230419 intercambio escolar ribeira y vila real 12

O alumnado viaxou acompañado do seu profesorado e da técnica municipal de Normalización Lingüística do Concello, Alicia Padín. Así, a comitiva de Ribeira foi recibida no Salón Nobre dá Cámara Municipal de Vila Real polo vicepresidente da Cámara e vereador de Educación, Alexandre Favaios; e polo director de Agrupamento de Escolas Diogo Cao, Armando Felix.

Trátase do primeiro intercambio desta edición na que, 250 nenos e nenas de 7 cidades da Eurorrexión gozarán deste programa. Os municipios participantes son: A Coruña, Braga, Guimarães, Ribeira, Santa Maria da Feira, Santiago de Compostela e Vila Real. Cada grupo irá acompañado por dous profesores e un técnico do concello.

Os intercambios escolares do Eixo Atlántico pretenden que os estudantes sexan conscientes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e de formar parte da Eurorrexión, así como promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

Os participantes traballarán durante o curso coa Guía Didáctica, un informe visual co que se pretende mostrar aos nenos e as nenas da Eurorrexión todas as cidades que compoñen o Eixo Atlántico do que forman parte. Pode ver nesta ligazón a Guía Didáctica do Eixo Atlântico.

Este programa foi unha iniciativa do Eixo Atlántico que comezou hai máis de 20 anos e que se retomou en 2018 tras a suxestión dos municipios de Vila Real e Santiago de Compostela. A actividade desenvolveuse no curso lectivo 2018-19 e dado ao éxito da mesma decidiuse continuar o curso seguinte, aínda que que coa pandemia non foi posible até agora.

230419 intercambio escolar ribeira y vila real 11