O V Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito Deportivo celebrouse onte en Chaves
Medio cento de representantes municipais das cidades de Galicia e o Norte do Portugal participaron onte no V Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito Deportivo, que tivo lugar no auditorio do Museo de Arte Contemporánea Nadir Afonso, de Chaves.
As palabras de benvida correron a cargo do vice-presidente da Cámara Municipal de Chaves, Francisco Melo e de José Guilherme Aguiar, presidente do grupo temático de Deportes do Eixo Atlántico.
Na primeira sesión a Chefe da Divisão de Desporto da C.M. de Valongo,
Susana Leão, explicou os programas do seu municipio, experiencias deportivas ao aire libre, como rutas pedrestres ou a cabalo.
A coordinadora do proxecto de Deporte Sénior de Vila Nova de Gaia, Susana Póvoas, detallou a experiencia deste proxecto que está a activar a persoas de mediana idade coa práctica do balonmán.
A continuación, Cláudia Fernandes, representante de Termas de Chaves, explicou as potencialidades dos balnearios termais nas accións de rehabilitación e recuperación física de atletas de competición.
Por parte do municipio de Braga Paulo Khan Rodrigues e Miguel Caldas falaron de dous proxectos relacionados co deporte. Por unha banda, o Programa de Redución da Obesidade, en fase de inicio, vai incluír determinadas practicas deportivas nas fases de preoperatorio e postoperatorio das gastrectomías de pacientes con obesidade.
Por outra banda, no caso dos pacientes oncolóxicos, Braga ten un proxecto xa en marcha a través do que preparan exercicios adaptados para este tipo de doentes, sempre que o médico o aconselle, que poidan axudar a unha melloría no seu benestar tanto físico como mental.
Finalmente, Eurico Pinto, coordinador pedagógico do Programa Diabetes en Movemento, de Vila Real, destacou os beneficios que a práctica deportiva ten para as persoas con diabetes Tipo 2 e o existoso programa que o municipio ten en marcha.
PRESENTACIÓNS:
GALERÍA DE FOTOS
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/ciudades/as-cidades-do-eixo-comparten-na-eurocidade-as-suas-experiencias-en-proxectos-deportivos#sigProIdabe9208324