Skip to main content

Emerxencias

Número Europeo de Emerxencias: 112

O 112 é o número de teléfono gratuito de emerxencias en toda a Unión Europea, así como en outros países. A través del accédese aos servizos de bombeiros, policía, asistencia sanitaria, entre outros.

Características do 112:

  • Funciona en culqueira país da UE.

  • É gratuito.

  • Pode marcarse incluso se:

    • Non hai cobertura do teu operador, pero si dalguhna outra rede GSM dispoñible.

    • Non se introduxo o PIN da tarxeta SIM.

    • O teléfono está bloqueado ou sen tarxeta SIM.

⚠️ Se non recibe resposta inmediata, non colgue. Agarde en liña ata ser atendido.


Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)

Antes de viaxar por Europa, é fundamental contar coa Tarxeta Sanitaria Europea (TSE), que permite acceder aos servizos sanitarios públicos en igualdade de condicións que os cidadáns do país que se visita.

Por que é importante a TSE?

  • Cobre a atención médica urxente ou necesaria durante unha estancia temporal noutro país europeo.
  • Evita gastos imprevistos en caso de enfermidade ou accidente.
  • Non substitúe un seguro de viaxe, pero é unha ferramenta básica de protección.

Como solicitar a TSE?

🇪🇸 En España:

🇵🇹 En Portugal:

  • A través do portal do Serviço Nacional de Saúde (SNS):
    👉 Solicitar TSE – Portugal (Cartão Europeu de Seguro de Doença)
    Tamén pode solicitarse en calquera Loja do Cidadão ou nos servizos de atención do SNS.

Países onde é válida a TSE:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

🛡️ Se non dispós da TSE, recoméndase contratar un seguro de viaxe con cobertura sanitaria para evitar gastos elevados ante calquera eventualidade médica.