Tras Lisboa, en 2018, Viana do Castelo vai acoller este ano, entre os días 20 e 22 de novembro, a 31ª edición do Congreso Nacional de Hostalaría e Turismo, o encontro que reúne os actores do sector hostaleiro de Portugal.
“A nosa asociación apoia que o congreso se desenvolva en diversas cidades e rexións do país. Para nós, a dispoñibilidade do Concello de Viana do Castelo para proseguir eses obxectivos e captemos aínda máis asociados naquela rexión é moi importante”, subliñou Raul Martins, presidente da Asociación de Hostaleiros de Portugal, AHP.
Para Viana do Castelo “é unha enorme honra recibir o congreso de hostalaría portuguesa. O Norte, Minho e Alto Minho creceron máis do dobre, polo que, en nome de todos os nosos hostaleiros, da nosa poboación, o noso agradecemento máis profundo”, subliñou a concelleira do Turismo de Viana do Castelo, Maria José Guerra.
Programa de conferencias