Santa Maria da Feira e o Eixo Atlántico impulsan un proxecto pioneiro para erradicar a exclusión social

O documento, promovido polo Eixo Atlántico e Deusto Cities Katedra, inclúe o caso práctico de Santa Maria da Feira como exemplo de referencia. Pode descargalo aquí
Santa Maria da Feira presentou o Manual para a Implementación de Laboratorios de Innovación Transformadora en Concellos e Câmaras Municipais, unha ferramenta pioneira destinada a orientar os municipios para afrontar retos como a desigualdade, a exclusión social e a falta de cohesión territorial.
O manual é froito dun proxecto promovido conxuntamente polos concellos de Santa Maria da Feira, Ribeira, o Eixo Atlántico e a Deusto Cities Katedra, e recolle aprendizaxes prácticas, metodoloxías participativas e modelos de gobernanza innovadora para impulsar políticas públicas máis inclusivas.
Un dos casos de estudo incluídos no documento é o de Santa Maria da Feira, com unha experiencia piloto no âmbito da Mobilidade e Acessibilidade. Este laboratorio surge a partir do Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico que é um mapa onde é aplicado, pela primeira vez, numa região transfronteiriça da União Europeia com as dificuldades inerentes a um exercício desta natureza.
O Laboratorio de Santa Maria da Feira ten como obxectivo achegar os servizos e proxectos sociais á ciudadanía, fortalecer o intercambio de boas prácticas, valorizar e capacitar os profesionais do ámbito social e mellorar a eficacia das organizacións da economía social.
Na súa fase inicial, o laboratorio contempla a creación dun grupo de gobernanza formado por cidadáns, colectivos associativos e empresariais, responsables políticos e técnicos locais. A iniciativa está plenamente aliñada coa Axenda Urbana 2030 e co Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico, promovendo un modelo de desenvolvemento social baseado na corresponsabilidade, a participación e a sustentabilidade.
Este laboratorio intégrase na iniciativa Mosaico Social, promovida desde 2009 pola Rede Social local do municipio, que agrupa arredor de 120 entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro. O seu obxectivo central é erradicar a pobreza e a exclusión social mediante unha estratexia colaborativa.
25 anos do Mosaico Social
A presentación deste informe, editado polo Eixo Atlántico, decorreu durante o Encontro “Pensamento Estratégico e Planeamento”, destinado à partilha e reflexão sobre diversos instrumentos de planeamento estratégico, e enmárcase na VIII edición do Mosaico Social que, nesta edición, celebra os 25 anos da Rede Social de Santa Maria da Feira. A iniciativa propón repensar o benestar comunitario a partir do coidado, entendido como escoita, empatía, innovación e transformación social.
A programación do evento inclúe debates, encontros entre técnicos e axentes locais, actividades familiares, creacións artísticas e accións participativas que reforzan a rede como espazo vivo de cooperación.