O Eixo Atlántico resume o seu ano nun programa conxunto entre Onda Cero e Antena Minho
Lara Méndez, presidenta do Eixo Atlántico, e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral recordaron as actuacións da entidade no 2022, ano no que o Eixo Atlântico celebra o seu 30º aniversario
Ángeles San Luís, de Onda Cero Galicia, e Rui Alberto Sequeira, de Antena Minho, conduciron o programa conxunto entre as dúas radios da Eurorrexión. Nesta ocasión, Lara Méndez, presidenta do Eixo Atlântico e alcaldesa de Lugo, xunto con Xoán Vázquez Mao, secretario xeral da entidade, fixeron un resumo das actuacións do Eixo Atlántico no 2022. 
Os entrevistados comezaron a falar da Asamblea Xeral celebrada en febreiro en Santiago, xa que, por primeira vez, escolleuse a unha muller como presidenta do Eixo, Lara Méndez. Ao longo destes meses, a entidade impulsou, e así sigue sendo na actualidade, proxectos internacionais en América Latina e en Europa, e iniciou outros procesos en países como Canadá, onde están a participar expertos portugueses e galegos. O Eixo Atlántico tamén lidera redes europeas, unha de 9 territorios de fronteira europeos para impulsar o turismo de fronteira, a Rede Epicah, e outra de 8 cidades europeas para impulsar a mellora da política urbana, a Rede Eure.
En Latinoamérica lidera un proxecto na fronteira de Brasil con Uruguai, nas cidades de Santana do Livramento, en Brasil, e Rivera, en Uruguai, onde se acaba de presentar, o pasado 15 de novembro, a primeira Axenda UrbanaTransfronteriza de Mercosur, coordinada polos expertos que elaboraron a Axenda Urbana do Eixo Atlántico, á súa vez primeira transfronteiriza de Europa.
Así mesmo, no programa fíxose referencia ás infraestruturas e o secretario xeral recordou que aínda faltan infraestruturas básicas que se están demandando na actualidade dente o Eixo Atlántico como a liña Ferrol-Coruña e Betanzos-Lugo-Monforte, incluíndo as variantes de Rubián, e Vos Peares-Canabal ou o saída Sur de Vigo que enlaza coa liña portuguesa permitindo unha conexión eficiente entre Ferrol e Lisboa.Todas estas accións están recollidas no Mapa Ferroviario que se pode ler aquí.
Neste ano, o Eixo Atlântico presentou, entre outros, o Informe Socioeconómico do Eixo Atlántico, o Plan de Mobilidade Urbana Sostible, o Plan de Sostenibilidade do Sistema Urbano e o Primeiro Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico. En 2022 tamén se publicou a Guía Turística "Que facer no Eixo Atlántico!" e o Informe para a creación dun Circuíto da Romanización. Pode ler todos os estudos aquí.
Actividades deportivas, culturais e deportivas
Lara Méndez e Xoán Vázquez Mao recordaron todas as actividades que se organizaron en 2022, como a XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico en Maia, a XIII Bienal de Pintura, a VII Mostra Musical e a Feria Turística de Expocidades, en Ferrol.
Con motivo do 30 aniversario, o Eixo encargou a sinfonía “Axis Libertate”, composta por Victor Sampaio Dias, así como o“Cómic: Galicia - Norte de Portugal, Historia de la Eurorregión” que, por primeira vez, conta a historia da Eurorrexión ata a actualidade.
Pode escoitar o programa completo aquí.
Este programa desenvólvese no ámbito do proxecto C3D cofinanciado poloprograma Interreg VA España-Portugal.