Skip to main content

O Eixo Atlántico e Turismo do Porto e Norte de Portugal firman un convenio de colaboración

O Eixo Atlántico e Turismo do Porto e Norte de Portugal firman un convenio de colaboración

 O acto tivo lugar no Concello de Lugo. O presidente de Turismo do Porto e Norte, Luís Pedro Martins, felicitou á alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez, pola declaración do Arde Lucus como Festa de Interese Turístico Internacional

Con este protocolo, o Eixo Atlántico e Turismo do Porto e Norte de Portugal (TPN) suman forzas para impulsar o turismo, un sector imprescindible para o desenvolvemento económico e que resultou moi danado pola pandemia.

Esta unión, a nivel do Eixo Atlántico, se concretiza na inmediata presentación de candidaturas a fondos europeos para iniciativas en materia turística ligadas á coluis pedro martins lara méndez y xoán mao 2mercialización (feiras Expocidades, oficinas de turismo), á promoción (Guía Turística e espazos virtuais) e no desenvolvemento de novos produtos culturais con futuro aproveitamento turístico (Vía Nova, Camiño da Geira e o Circuíto da Romanización).

Dentro destes aspectos, quizais o máis innovador sexa o impulso dun Circuíto de Romanización que poña en valor a inmensa riqueza romana e castrexa existente na Eurorrexión, varias delas, Patrimonio da Humanidade (a Torre de Hércules, a Muralla de Lugo...). Todas teñen un gran interese cultural como a Vía Nova en cuxa recuperación e promoción están a traballar xa o Eixo Atlántico, Turismo Porto e Norte de Portugal, a Deputación de Ourense, a Câmara de Braga, o Concello do Barco de Valdeorras e o Concello de Lugo, todos do Eixo Atlántico, e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Así mesmo, tamén se desenvolven conceptos innovadores adaptados ao territorio como foi nun o seu día o "turismo de fronteira: 2 países, 1 destino" ou, actualmente, os conceptos de "turismo de autor" e "turismo policéntrico".

Para o presidente de Turismo do Porto e Norte, Luís Pedro Martins: "Este é un momento moi feliz, estamos a fortalecer a relación entre as dúas rexións, a aliñar as estratexias de promoción e estructuración de produtos turísticos e a valorar os territorios Transfronteirizo".

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, asegurou que: "O turismo move un 8% do PIB tanto en España como en Portugal e é un dos grandes movilizadores da actividade económica e do emprego. Nestes momentos é unha das nosas prioridades xa que aínda se está recuperando da crise da pandemia, polo que apostamos forte por reforzar este sector da economía e, especialmente, nun territorio que ten grandes recursos como é o caso de Lugo, por exemplo, onde, ademais de ser Patrimonio da Humanidade é un referente de natureza na provincia e gastronómico".

"Esta firma supón unir forzas para promover o conxunto do Eixo Atlántico aproveitando e potenciado os seus recursos pero sempre en clave de turismo sustentable, non de turismo masivo", concluíu.

Lara Méndez, presidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo, explicou que: "Hoxe é un día importante para o Eixo Atlántico pola firma deste protocolo onde asinamos esta colaboración con TPN e cos 41 concellos que formamos o Eixo Atlántico".

"A finalidade non é outra que seguir potenciando todo o sector turístico, desde aquilo que nos diferencia pero tamén, sobre todo, daquilo que nos une que é moito deste patrimonio, cultura e historia e, por tanto, os distintos proxectos que temos xa elaborados desde o Eixo Atlántico como o da Vía Nova, o Circuíto de Romanización. Queremos seguir colaborando na dinamización turística para potenciar todo o territorio e con iso buscar as sinerxías de Galicia e Portugal e, agora, da man de Turismo do Porto e Norte de Portugal".

  • Audio de Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico:
  • Audio de Lara Méndez, Presidente do Eixo Atlântico: