Skip to main content

As conexións ferroviarias do Eixo Atlántico, a debate de Porto Canal

As conexións ferroviarias do Eixo Atlántico, a debate de Porto Canal

Hernâni Dias, Presidente da Câmara Municipal de Bragança, e Mário Passos, Presidente da Câmara Municipal de Famalicão, interveñen nun programa de Porto Canal para falar de como mellorar a mobilidade mediante o fortalecemento da rede ferroviaria

Durante o debate, os invitados trataron a terminal de Lousado, o Porto Seco que está situado en Vila Nova de Famalicão. O Presidente, Mário Passos asegurou que: "Famalicão bateu a marca histórica en valor de exportacións. Por tanto, é unha dinámica económica que crece". "O Porto Seco de Famalicão será o maior da Península Ibérica e vai facer que o transporte de mercadorías sexa máis rápido, máis barato e máis sustentable", engadiu.

Pola súa banda, o Presidente de Bragança, Hernâni Dias, expuxo a súa iniciativa de conectar, ferrovialmente, Porto-Zamora-Madrid vía Trás-os-Montes. Esta decisión fíxose pública na Reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, o pasado mes de abril.

"A conexión Porto- Zamora, ten varias vantaxes: a cuestión do tempo, moito máis beneficiosa que calquera outra proposta que está contemplada no plano ferroviario, a cuestión do investimento e teriamos a posibilidade de conectar os dous maiores aeroportos de Portugal pasado, en tren, por Trás-os-Montes. Ademais, seriamos menos dependentes dos españois, só seriamos dependentes de nosa propia capacidade de executar porque, os quilómetros que serían necesarios construír ao lado español, son maiores na outra proposta que nesta", afirmou o Presidente Hernâni Dias.

Este programa desenvólvese no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

Pode ver o programa completo aquí: