Skip to main content

A guía didáctica “Coñece o Eixo 2026” xa está dispoñible

A guía didáctica “Coñece o Eixo 2026” xa está dispoñible

Descobre de forma visual e didáctica os 41 municipios galegos e do Norte de Portugal que conforman a rede do Eixo Atlántico, explorando a súa historia, cultura e identidade compartida

O Eixo Atlántico pon a disposición de docentes, estudantes e público xeral a súa nova guía didáctica “Coñece o Eixo 2026”, un recurso pensado para descubrir, de maneira amena e visual, as características dos 41 municipios de Galicia e do Norte de Portugal que forman parte desta rede transfronteiriza. 

A guía permite coñecer aspectos culturais, históricos e xeográficos de cada municipio, ofrecendo un panorama completo do territorio compartido. É unha ferramenta útil para traballar na aula temas como o coñecemento do territorio, a cooperación transfronteiriza e a identidade común do espazo atlántico.

🖌️ Ilustracións: Norberto Fernández

📥 Descarga a guía aquí