Skip to main content

Prioridades da Presidencia Luxemburguesa do Consello da Unión Europe

Prioridades da Presidencia Luxemburguesa do Consello da Unión Europe

Os Estados membros da UE asumen a presidencia do Consello por quendas de seis meses. Durante un semestre, o Estado de quenda preside as sesións en todos os niveis do Consello, contribuíndo a garantir a continuidade do traballo da UE nesa institución.
No segundo semestre de 2015 Luxemburgo vai ocupar a Presidencia do Consello da Unión Europea por duodécima vez. Esta Presidencia levase a cabo nun entorno institucional que  mudou substancialmente dende a entrada en vigor do Tratado de Lisboa. A Presidencia luxemburguesa comprometeuse no ano 2015 á construción dunha Europa forte, así como aos valores e principios da Unión: escoitar aos cidadáns, apoiar ás empresas, colaborando con socios e institucións coa finalidade de actuar no interese europeo.

O programa da Presidencia luxemburguesa enmarcase no contexto da aplicación do Programa Estratéxico para a Unión Europea , aprobado en 2014 e que establece as principais prioridades da Unión para os vindeiros cinco anos, e no programa de traballo do trío de presidencias  formado por Italia, Letonia e Luxemburgo.
As prioridades da Presidencia de Luxemburgo para o segundo semestre de 2015 están representadas, con carácter xeral nas seguintes seccións:
    Estimular a inversión para impulsar o crecemento e o emprego
    Profundar na dimensión social da Unión Europea
    A xestión da migración, a combinación da liberdade, a xustiza e a seguridade
    A revitalización do mercado único, centrándose na súa dimensión dixital
    A colocación da capacidade competitiva europea  nun marco  mundial e transparente
    Promover o desenvolvemento sostible
    O fortalecemento da presenza da Unión Europea na escena mundial


No que respecta aos temas de maior interese para o Eixo Atlántico, a presidencia vaise centrar nos seguintes ámbitos:
Estimular a inversión para impulsar o crecemento e o emprego
O traballo da Presidencia luxemburguesa vai a se basear no Plan de Inversión de Europa que tratará de desbloquear as inversións nunha economía real de ata 315.000 millóns de euros. Os principais obxectivos nesta área son:
    Fortalecer a previsión normativa e eliminar as restricións da inversión, para que Europa sexa máis atractiva para as inversións estranxeiras.
    Mellorar o crecemento sostible de Europa e crear novos postos de traballo. Os mercados de capital deberían desempeñar un papel máis importante no financiamento da economía. É preciso eliminar os obstáculos aos investimentos transfronteirizos co fin de mellorar e ampliar as fontes de financiamento.
    Mellorar o acceso ao financiamento para as PEMES e grandes empresas nos mercados de capital de toda a UE.
    Fomentar a inversión máis alá dos mercados de capital. A creación de incentivos noutros sectores para mellorar o entorno empresarial vai a estimular o potencial da inversión e impulsar o crecemento e o emprego.
    Apoiar todas as políticas que fomentan a creación de máis empregos de mellor calidade, como os investimentos, o acceso ao crédito para as PEMES, e políticas para promover o mercado único.

A política industrial
Aplicar unha política industrial europea, reforzando sistematicamente a capacidade competitiva en todos os ámbitos de acción da UE a través dun enfoque intersectorial. En concreto, a presidencia vaise centrar en:
    A aplicación da folla de Ruta  da Comisión sobre a capacidade competitiva industrial.
    A posta en marcha e o seguimento dos planes de acción sectoriais, con especial atención ao plan de acción do sector de aceiro que ten por obxectivo mellorar a capacidade competitiva da industria do aceiro en Europa.
    A promoción de instrumentos de financiamento  e o apoio da UE nos ámbitos das PEMES.
    A innovación e a investigación - o Programa para a capacidade competitiva das PEMES (COSME) e o Programa da Investigación e Innovación “ Horizonte 2020”

A  cohesión territorial
A mellora da cohesión territorial vai a crear as condicións favorables para a inversión en beneficio de todas as rexións de Europa. Baixo esta premisa, a presidencia luxemburguesa vai a considerar o desenvolvemento territorial ata 2050 e fará propostas para mellorar a cooperación transfronteiriza achanzando o camiño para a adopción de disposicións legais específicas para as rexións fronteirizas.
En relación coa política urbana, a atención vaise centrar nas cidades pequenas e medianas, que desempeñan un papel esencial no desenvolvemento equilibrado do territorio europeo.

Investigación e innovación
A Presidencia neste ámbito vai a centrar o seu labor nas prioridades definidas para:
    Desenvolver o Espazo Europeo de Investigación que vai a permitir que o potencial do mercado único para os investigadores e os coñecementos se realice plenamente.
    Mellorar a coordinación e a coherencia das políticas de investigación a nivel europeo e por sacar o máximo proveito da diversidade dos sistemas nacionais de I+D.

Cultura e deporte
A Presidencia vai a determinar a contribución específica da cultura para os obxectivos de desenvolvemento sostible e as políticas de cooperación, examinando posibles vínculos entre a política cultural e a política exterior antes de finais de 2015.
No ámbito do deporte, a Presidencia luxemburguesa:
    Vai a desenvolver o traballo previo relacionado coa formación "dobre carreira"   para os deportistas novos e avaliará a futura coordinación e a representación da UE dentro da Axencia Mundial Antidopaxe.
    Analizará las profesións relacionadas co deporte e o seu impacto na economía. Os obxectivos identificados no ámbito do deporte, da educación, da mocidade e da cultura deberían permitir aos Estados membros aplicar medidas específicas destinadas a   promover a inclusión social e a participación activa dos cidadáns n la vida política.  


A revitalización do mercado único
A creación de postos de traballo e o crecemento require sobre todo do bo funcionamento do mercado único y que este tome en consideración o carácter transversal da tecnoloxía dixital. A Presidencia de Luxemburgo faise eco da importancia que se da ao desenvolvemento do mercado único dixital identificándoo como un das súas máximas prioridades. A Presidencia luxemburguesa vai promover, ademais, iniciativas en áreas como as liberdades civís (volver a utilizar e protección de datos persoais), telecomunicacións, comercio electrónico transfronteirizo, servizos públicos en liña (administración electrónica), a investigación e a innovación (Big Data, Cloud Computing), emprego, a eficiencia enerxética, a política industrial, o transporte así como a educación.

Enerxía
No campo da política enerxética, a Presidencia luxemburguesa terá plenamente en conta o ambicioso obxectivo da UE de se converter nunha economía baixa en carbono para o ano 2050. Por iso, vai centrar o seu labor en:
    A innovación, a investigación e as novas tecnoloxías utilizadas na transición enerxética (esencialmente no campo das enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a xestión integrada dos recursos) como catalizadores clave para o crecemento verde e sostible.
    As cuestións do financiamento da transición á enerxía sostible, en vista da creación do Fondo Europeo de Inversións Estratéxicas (EFSI, nas súas siglas en inglés)
    Unha mellor coordinación entre todos os instrumentos financeiros europeos existentes.

O desenvolvemento económico sostible
A Presidencia luxemburguesa vai facer todo o posible para acelerar a transición a unha economía verde con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro mediante a creación dunhas dinámicas que permitan construír unha sociedade sostible e segura. Neste sentido vai fomentar:
    A aparición dunha economía innovadora, circular e competitiva que sexa baixa en enerxía e respectuosa coa diversidade biolóxica e os recursos naturais, reduza ao mínimo os refugallos e fomente o reciclaxe rendible.
    A revisión da estratexia de biodiversidade da UE, esencial para garantir o benestar do medio ambiente en Europa a medio prazo
    Simplificación de normas na política agrícola común
    No sector da pesca, un novo enfoque baseado na sustentabilidade
    Novas normas no ámbito da protección fito sanitaria

Transporte
Neste ámbito, a Presidencia luxemburguesa esforzarase para acadar os obxectivos da política europea de transporte, que busca promover a mobilidade eficaz, segura, na que se poida confiar, accesible e socialmente responsable. Tamén se esforzará para crear as condicións adecuadas para unha industria do transporte innovadora e sostible, que xere postos de traballo de primeira calidade e boas condicións de traballo có fin de reforzar a prosperidade e a capacidade competitiva económica da UE, respectando ao mesmo tempo o equilibrio social, económico e ecolóxico. Neste contexto, os obxectivos básicos para o segundo semestre 2015 son:
    Fomentar os medios de transporte menos contaminantes
    Crear una estratexia de mobilidade sostible cos alicerces da planificación urbana e a mobilidade respectuosa co medio ambiente.

Conclusión
Durante el segundo semestre de 2015, Luxemburgo presidirá, por tanto, as sesións de todas as formacións do Consello, liderando as negociacións e debates que se expoñan nas diferentes áreas de traballo.
Esta Presidencia coincide cun momento de gran inestabilidade da moeda única, debido a profunda crise grega, que sen dúbida farase sentir nos mercados internacionais e vai a repercutir na capacidade competitiva das empresas e Estados da Unión.
Así mesmo, durante a Presidencia de Luxemburgo celebrarase o 25 Aniversario do programa de cooperación territorial europeo – INTERREG, sen dúbida uno dos grandes logros de Europa por todo o que este programa implica en termos de desenvolvemento económico, social, territorial e de sentimento de cidadanía europea. As celebracións deste aniversario están previstas en Luxemburgo na primeira quincena de setembro y terán a súa réplica durante os OPEN DAYS 2015, do 13 ao 15 de outubro en Bruxelas, nos obradoiros  sobre  a cooperación territorial europea e os seus beneficios ocuparán un posto destacado.
Por último, é preciso sinalar que o 1 de xaneiro de 2016 a Presidencia luxemburguesa cederá o testemuño da Presidencia rotatoria do Consello aos Países Baixos. Neste sentido, é previsible que este país e os que xunto a el forman o seguinte trío de presidencias rotatorias do Consello (Eslovaquia y Malta), sigan moi de preto o desenvolvemento dos traballos este semestre. A súa posición nos distintos temas que se traballen marcará, dalgunha forma, o pulso das prioridades políticas do vindeiro ano.

Xullo 2015