O Concello do Barco de Valdeorras volve traer o seu delicioso embutido a Vigo. Será o vindeiro sábado 11 de marzo, no restaurante do Hotel Coia, onde viviremos unha Auténtica Festa do Botelo, declarada de Interese Turístico de Galicia.
O menú, cun prezo de 25 euros, está previsto para as 14.00 horas e incluirá empanada de maravallas, típica de Valdeorras, sopa de cocido, botelo e chourizos con repolo e cachelos, viños mencía da denominación Valdeorras, ademais de cafés e augardentes.
As prazas limitadas, obrigan a realizar unha reserva adiantada con ingreso na conta corrente ES90 2080 5142 8030 4000 1447, indicando o número de comensais. Pódese reservar, mesmo mesa para grupos numerosos.
Información e reservas: 986201820