
O secretario xeral do Eixo Atlántico valora os resultados das eleccións portuguesas na TVG
O propio Pedro Nuno fixo prioridade de colocar esta liña no programa do partido socialista e o líder da dereita, Montenegro, que ademais é unha persoa do Porto, xa dixo que en todo caso esta liña tamén era prioritaria para o PSD", sinala Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.
Vázquez Mao considera que António Costa puido cometer erros políticos na súa última etapa no poder, pero que foi o mellor presidente portugués en trinta anos en relación con Galicia.
"Con António Costa desbloqueamos o tren do Miño. Hoxe en día existe xa un intercidades entre Valença e Lisboa, e se non chega ata Vigo é polo problema da electrificación que fixo España. Como sabedes, fixo unha electrificación, que foi no que nós insistimos tanto, e fíxoa a diferente tensión que Portugal".
O secretario do Eixo Atlántico entende que só a ultradereita de Chega podería alterar ese consenso orzamentario arredor da alta velocidade entre Galicia e Portugal se acaba tendo influencia no novo Goberno luso.