Skip to main content

"O Diamante Galego" - Documental no que participou o secretario xeral do Eixo Atlántico

O Diamante Galego é um filme que nos aproxima ás relacións económicas galego-portuguesas, nomeadamente no espazo circunscrito ao Eixo Atlántico. Nel, móstrase o pasado, o presente e o futuro desa relación reflectindo un fortalecemento da mesma, ao cal poderá contribuir tamén unha maior integración lingüística. O filme foi realizado por Nós Televisión e conta cunha subvención da Deputación de A Coruña. 

Entre moitos outros nomes, no Diamante Galego participan políticos e políticas (Teresa Táboas, Pedro Puy, Xesús Gamallo), presidentas das câmaras municipais de Tominho (Sandra González) e Cerveira (Rui Teixeira); analistas (Antón Baamonde, Diego Sande); directivos de organismos empresariais e institucionais (António Cunha, Xoán Vázquez Mao, Daniel Palau); e empresarios e ex-empresarios como José Ramón Pichel (de Imaxin-Software) ou Enrique Sanz Ponte (presidente da fundación Juana de Vega e ex-diretivo do Banco Pastor).

🎞️ CRÉDITOS • Presentación: Tiago Alves • Dirección: Diego Frey e Roi Ribeira • Producción executiva: Eduardo Maragoto • Fotografía: Roi Barros e Pío Cribeiro • Voz en off: Ana Viqueira • Gráficos e mapas: Nano Besada