Skip to main content

Braga y Lugo presentan as súas festas históricas num programa conxunto entre Onda Cero e Antena Minho

António Barroso, Adxunto do Presidente da Câmara de Braga, Ricardo Rio; Lara Méndez, Presidenta do Concello de Lugo e Presidenta do Eixo Atlântico, e Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, promocionaron as festas romanas Braga Romana e Arde Lucus

Por primeira vez, a Onda Cero Galicia e a Antena Miño realizaron un programa conxunto emitido en directo no norte de Portugal e en Galicia. Durante o debate, conducido por Ángeles San Luís, da Onda Cero Galicia, e Rui Alberto Sequeira, da Antena Miño, as dúas cidades do Eixe Atlántico realizaron unha pequena resenha histórica do seu pasado romano. Alén diso, os entrevistados conversaron sobre o impacto socioeconómico en Braga e en Lugo, o seu patrimonio cultural e a planificación dos eventos despois da pandemia.

António Barroso, adxunto do Alcalde de Braga, Ricardo Río, recordou que hoxe, 25 de maio, comeza a festa Braga Romana. A programación esténdese até 29 de maio. António Barroso asegurou que: "Estivemos dous anos sen ter actividades na rúa e Braga Romana é un evento de rúa. Queremos tamén que durante todo o ano as persoas visiten as ruínas e coleccións de artefactos romanos que temos en Braga".

Engadiu que nesta edición:" Todo foi pensado en torno á Deusa Flora, da primavera, e do lema "Mente sa en corpo son". Ambos son dous conceptos que falan de renascer, algo vinculado coa recuperación despois da pandemia. Braga Romana ten un rigor histórico moi importante en todo o que presenta e por iso se trata, tamén, dunha actividade pedagóxica".

O evento de interese turístico galego e nacional de Lugo, Arde Lucus, será realizado entre 9 e 12 de xuño con máis de 400 actividades. Lara Méndez, presidente de Lugo, agradeceu: "Toda a cidade se envolve co Arde Lucus. Todos temos o noso baú con roupa da época. Calquera persoa que vén de visita e ve esta viaxe o tempo, acaba por comprar algún elemento e necesita sentirse parte activa da festa. Engadiu que: "O mellor patrimonio que temos en Lugo é a nosa cidadanía".

Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixe Atlántico, afirmou que: "Despois de dous anos de pandemia, que está a afectar moito psicoloxicamente, é terapéutico saír, recuperar a vida e así tamén promovemos a economía. Isto dá destaque á inmensa riqueza patrimonial que temos no noso territorio e que se manifesta a través destas festas históricas. Isto é tan importante que, agora, estamos a traballar e imos presentar brevemente un informe sobre a recuperación da Vía Nova, como a Gran Vía romana, que parte de Braga e chega até Astorga, pasando pola provincia de Ourense".

Vexa o programa completo clicando neste link.

Actuación desenvolvida no marco do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP).