Skip to main content

"A Saída Sur é o único de todo o mapa ferroviario que está en marcha pero é debido a presión portuguesa"

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, analiza, en RNE Pontevedra, a situación das conexións ferroviarias en Galicia con vista ás eleccións xerais

"Estamos nun momento electoral e creo que hai temas que deberíamos pór sobre a mesa. É dicir, están derivándonos a un debate que si Bildu que si VOX  pero tamén hai que falar de cal é a situación das infraestructuras en Galicia e de qué é o se fixo nestes últimos 8 anos, onde gobernaron os dous partidos", afirmou Xoán Mao.

Engadiu: "O Corredor Atlántico só existe a nivel propagandístico. Hai un Comisionado que non resolve nada e conta cousas que non son certas. No tramo galego, o Corredor Atlántico non ten plan extratéxico nin ningún documento. No recibiu nin un solo euro na adxudicación de fondos".

Escoite a entrevista completa: