Skip to main content

"A política española non pode vir a alterar a dinámica portuguesa"

O secretario xeral do Eixo Atlántico intervén ante os medios de comunicación de Portugal

"O debate se Lisboa-Madrid ou Lisboa-Galicia" é un debate radicalmente falso e que non existe. Só responde á situación da política española, que está radicalizada e confrontada", explicou Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico. 

"Hai unha realidade única que é que Lisboa ten que ter dúas conexións, pero unha vai ir antes que outra. Ninguén se opón a que Lisboa teña unha conexión con Madrid, é lóxico que a teña, pero Portugal xa estableceu, é moi ben, que a primeira das dúas conexión de Portugal con España vai ser con Galicia por unha razón moi simple: porque a maioría da poboación vive no eixo desa liña entre Lisboa e Ferrol.", engadiu.