Skip to main content

O proxecto EURE aproba as súas recomendacións para a futura Política Urbana

O proxecto EURE aproba as súas recomendacións para a futura Política Urbana

Os socios do proxecto EURE, liderado polo Eixo Atlántico, reuníronse o día 22 de abril de 2021 para unha reunión virtual có obxectivo de aprobar un informe sobre o futuro da política urbana dende a óptica das cidades medias e pequenas da UE

Nunha realidade que continúa a esixir que os socios teñan reunións de maneira virtual, a reunión de socios foi precedida por un seminario organizado pola rexión de Lublin (Polonia) sobre a eficacia das políticas urbanas ambientais e o uso das ITIs para a aplicación das estratexias de desenvolvemento territorial. Este seminario, enfocado en compartir a experiencia da rexión de Lubelskie, estivo presidido polo Deputy Marshal da rexión e contou, ademais do Secretario Xeral do Eixo Atlántico en calidade de líder do proxecto, con expertos e membros de departamentos rexionais e do goberno, responsables de políticas de desenvolvemento territorial de Polonia

No tócante á reunión de traballo dos socios, a mesma estivo enfocada na aprobación do informe sobre o futuro da política urbana dende a óptica das cidades pequenas e medias, así coma na estratexia para a súa difusión co resto dos informes producidos polo proxecto sobre esta temática.

Nun momento crucial para a definición da política urbana para os vindeiros sete anos (tanto a nivel europeo coma nacional), os membros do proxecto EURE van a  publicar no mes de maio, as mensaxes e recomendacións principais para que as necesidades e propostas das cidades pequenas e medias (que representan entorno a un 23% da poboación europea) sexan tidas en consideración ao definir as liñas prioritarias de actuación da política urbana e dos instrumentos financeiros vencellados a ela.

Esta reunión foi unha proba máis do compromiso de cooperación entre socios coa mesma finalidade. Foi tamén o escenario para o intercambio de ideas e experiencias, cumprindo o verdadeiro obxectivo destes eventos e mantendo o espírito resiliente dos socios.

O proxecto EURE - Efficiency of Urban Environmental Policies to Improve Resource Efficiency, é un proxecto financiado por o Interroga Europa e desenvolto por:

  • Eixo Atlantico (ES), líder do proxecto
  • Agency for the Development of the Empolese Valdelsa (Italia)
  • Alba Iulia Municipality (Romanía)
  • Lubelskie Voivodeship (Polonia)
  • Department of Coordination of European Projects of Pilsen City (República Checa)
  • Nicosia Development Agency (Chipre)
  • Atlantic Cities (Francia)
  • Riga City Council (Letonia)
  • ACR+ Association of Cities and Regions for sustainable Resource management (Bélxica)

Mais información:

http://www.interregeurope.eu/eure/