Skip to main content

PLANS DE ACTUACIÓN INTEGRADOS DE ENTIDADES LOCAIS: PUBLICACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS

PLANS DE ACTUACIÓN INTEGRADOS DE ENTIDADES LOCAIS: PUBLICACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS

O 7 de outubro de 2024 o BOE publica as bases reguladoras para a elaboración de Plans de Actuación Integrados de Autoridades Locais, instrumento sucesor das EDUSI

As bases reguladoras - que non a convocatoria, recollen as liñas estratéxicas dos requisitos que unha entidade local ou área funcional deberá cumprir para obter financiamento destinado ao desenvolvemento urbano a longo prazo.

Os Plans de Actuación Integrados concíbense como ferramentas para executar unha estratexia máis ampla, denominada Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL). Terán consideración de EDIL as Axendas Urbanas e/ou Plans de Acción Local desenvolvidos baixo a metodoloxía da Axenda Urbana Española, así como outros documentos de planificación estratéxica territorial urbana que dean cobertura á zona xeográfica onde se pretende implementar o Plan de Actuación Integrado que se solicite.

Os Plans de Actuación Integrados - a falta de convocatoria específica - deberán conter, con carácter xeral_

-              Conxunto de medidas, con orzamento detallado e horizonte temporal claro.

-              Aliñación con obxectivos e diagnóstico da EDIL correspondente

-              Estar aprobado polo órgano municipal competente.

-              Ter unha delimitación xeográfica clara.

En todo caso, a futura convocatoria de axudas, que abrirá o prazo de presentación de solicitude das axudas - que só será online - poderá delimitar novos requisitos e profundar sobre calquera das cuestións detalladas nas Bases Reguladoras.

Máis información: https://www.boe.es/boe/dias/2024/10/07/pdfs/boe-A-2024-20246.pdf

Así, a grandes liñas, as bases reguladoras recollen as seguintes cuestións:

Obxecto

Desenvolvemento urbano máis sustentable ambientalmente, cohesionado socialmente e competitivo economicamente; garantindo un impacto real na calidade de vida dos cidadáns.

Presuposto total

1.800 millóns de euros

Presuposto para Galicia

173 millós de euros

Modalidade de axuda

A axuda outorgarase en forma de senda financeira, que se abonará contra execución e será susceptible de revisión segundo o nivel de execución demostrado.

Tipos  de beneficiarios

Modelo de cidade

Num de habitantes

Entidade solicitante e beneficiaria

Grandes cidades

Máis de 75.000 habitantes

Concello ou entidade local supramunicipal.

Cidad intermedia

Entre 20.000 e 75.000 habitantes

Concello ou entidade local supramunicipal.

Áreas Urbanas Funcionais

Mínimo de 20.000 habitantes, cun municipio cabeceira de al menos 10.000 hab

Concello do municipio de cabeceira, Deputación Provincial ou outras entidades locais supramunicipales

Mínimo de 10.000 habitantes, con un municipio cabecera de al menos 5.000 hab

(solo en Lugo y Ourense)

Deputación provincial

Teito de gasto

Grandes cidades

Cidades Intermedias

Áreas Urbanas Funcionais

20 mill €

15 mill €

10 mill €

Periodo elexible

Do 01 de xaneiro de 2021 ao 31 de decemebro de 2029.

Análise de Execución

31.03.2027

Nesta data os proxectos aprobados deberán ter comprometido o 70% do presuposto total e xustificado o 20%. En caso contrario, se lles podrá revisar á baixa a súa senda de financiación (detracción de fondos).

Pola contra, aqueles Plans que comprometeran polo menos o 80% do presuposto e xustificado polo menos un 40% poderán sobrecertificar.