Skip to main content

O EIXO ATLÁNTICO ASISTE ÁS XORNADAS DE FORMACIÓN PARA XEFES ORGANIZADAS POLO PROGRAMA INTERREG EUROPE EN LILLE

O EIXO ATLÁNTICO ASISTE ÁS XORNADAS DE FORMACIÓN PARA XEFES ORGANIZADAS POLO PROGRAMA INTERREG EUROPE EN LILLE
Durante os días 24, 25 e 26 de setembro o secretariado conxunto do programa reuniu a representantes dos 78 proxectos aprobados da segunda convocatoria

O pasado mes de marzo, o secretariado conxunto de Interreg Europe, programa da Comisión Europea destinado á cooperación interregional, organizou unha xornada intensiva en Anveres para dar a benvida aos proxectos aprobados baixo a segunda convocatoria. A esta xornada, á que asistiu o Eixo Atlántico como beneficiario principal do proxecto EDIN cuxo obxectivo central é a mellora dos instrumentos de política do sete rexións socias para a atracción de nómades dixitais a territorios en declive demográfico.

Seis meses despois, o secretariado convocou aos xefes de fila de novo en Lille, cidade francesa onde se sitúa a súa sede, esta vez para participar nunha serie de xornadas intensivas de formación, moito máis detalladas a nivel técnico e onde a xestión e a coordinación dos proxectos estiveron no foco do debate.

A axenda destas xornadas estivo estruturada en base aos aspectos prácticos da execución dos proxectos e coa celebración de actividades e sesións interactivas que implicaron a participación activa e permanente dos participantes en pequenos grupos de traballo, o que permitiu o contacto directo co secretariado.

Mentres que a primeira xornada estivo destinada a aspectos financeiros, a segunda centrouse na identificación de boas prácticas e como realizar os informes detallados das activvidades do proxecto. Por último, a terceira xornada estivo dirixida á comunicación dos proxectos, na que os participantes puideron analizar casos prácticos e debater diferentes perspectivas contorna á estratexia de comunicación dos proxectos.

O evento tamén foi unha ocasión para dar a coñecer proxectos enmarcados no seis prioridades do programa, crear sinerxías e intercambiar experiencias entre todos os países que cobre xeograficamente o programa, que recentemente incorporou sete novos: Bosnia-Herzegovina, Albania, Moldavia, Serbia, Macedonia do Norte e Ucraína.

Máis información sobre Interreg Europe: https://www.interregeurope.eu/

project training days 2024 18