Skip to main content

A Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Medio Ambiente (DG Environment), lanza os Premios Capital Verde Europea e Folla Verde Europea 2027

A Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Medio Ambiente (DG Environment), lanza os Premios Capital Verde Europea e Folla Verde Europea 2027

O obxectivo destes premios é recoñecer as cidades comprometidas coa sustentabilidade e a mellora da calidade de vida dos seus habitantes

O Premio Capital Verde Europea outórgase cada ano a unha cidade con máis de 100.000 habitantes e busca destacar o liderado en sustentabilidade urbana. O gañador recibirá un premio financeiro de 600.000€. Este título supón un recoñecemento internacional que atrae investimentos, turismo e fomenta a visibilidade global; tamén ofrece a oportunidade de organizar eventos internacionais durante o ano do título e acceso a unha rede exclusiva de cidades gañadoras e finalistas para intercambiar coñecementos e mellores prácticas. Vilna, en Lituania, será a Capital Verde Europea en 2025 e Guimarães o será en 2026.

O Premio Folla Verde Europea outórgase anualmente a unha ou dúas cidades de entre 20.000 e 99.999 habitantes, recoñecendo as iniciativas ambientais de menor escala pero de gran impacto. As cidades gañadoras recibirán 200.000€, apoio financeiro para implementar proxectos sostibles e promoción como exemplo de boas prácticas para outras cidades europeas. Ambos premios apoian obxectivos clave da UE comprendidos no Pacto Verde Europeo, como a Nova Bauhaus Europea ou o Plan de Acción de Contaminación Cero, reforzando a transición verde. Treviso e Viladecans, en Italia e España respectivamente, serán as Cidades Hoja Verde Europea 2025 e pasarán o testigo en 2026 a Águeda en Portugal e a Vaasa en Finlandia.

A convocatoria, que se abriu o 15 de xaneiro de 2025, ofrecerá o 18 de febreiro un taller online no que ensinarán a preparar a solicitude. O prazo de presentación finaliza o 15 de abril de 2025 ás 23:59 CEST e as cidades finalistas serán anunciadas en xullo do mesmo ano. Posteriormente, no outono, presentarase as propostas ao xurado e celebrarase unha cerimonia de premios en Vilna.

Estes premios posicionan os municipios como líderes en sustentabilidade urbana, xerando motivación e visibilidade e atraendo investimentos e turismo. O premio monetario permite implementar proxectos ambientais e fomentar unha maior transformación verde. Ademais, os gañadores intégranse nunha rede exclusiva de finalistas e gañadores anteriores, promovendo o intercambio de ideas e boas prácticas.

As propostas serán avaliadas segundo sete indicadores ambientais: calidade do aire, xestión da auga, biodiversidade e uso sostible do solo, residuos e economía circular, ruído, mitigación do cambio climático e adaptación ao cambio climático. O proceso inclúe unha preavaliación técnica realizada por expertos independentes. As cidades finalistas presentarán as súas estratexias ao xurado, que seleccionará as gañadoras.

Para participar, o portal oficial da convocatoria contén o formulario de solicitude e as regras do concurso. Será necesario facilitar información detallada sobre a situación actual en relación cos indicadores ambientais, as medidas implementadas nos últimos anos e os obxectivos futuros cos seus plans de acción.

Segundo explica a Comisión Europea, "non se busca a perfección, senón un compromiso tangible coa sustentabilidade". As cidades candidatas deben demostrar esforzos concretos para abordar desafíos ambientais e presentar solucións. O proceso está deseñado para ser accesible e, aínda que axuda contar con persoal especializado, ofrécense guías, talleres e soporte directo para asistir as cidades. Cómpre aclarar que non é necesario ser unha capital para optar ao premio, e fóméntase a participación de cidadáns, empresas e outras partes interesadas no proceso de candidatura, o que pode enriquecer a proposta.

Desde a súa creación, estes premios destacaron o papel crucial das cidades na transformación ambiental de Europa. Ata o de agora, 17 cidades gañaron o título de Capital Verde Europea e 19 cidades foron recoñecidas como Folla Verde Europea. Todas elas seguen a participar nunha rede de colaboración para construir un futuro máis verde. É o momento de mostrar os esforzos da túa cidade e formar parte do cambio cara a un futuro sostible.