O 1 de xullo está previsto, en Madrid, un seminario de información sobre o programa SUDOE 2014-2020
O 1 de xullo está previsto, en Madrid, un seminario de información sobre o programa europeo de cooperación entre España, Portugal, Francia e Xibraltar; SUDOE 2014-2020
Co fin de permitir aos beneficiarios potenciais comezar a preparar as candidaturas de proxecto, a Autoridade de Xestión e as Autoridades Nacionais do Programa INTERREG V-B SUDOE organizan seminarios nacionais de información.
Estes seminarios terán por obxecto presentar:
. O programa de cooperación INTERREG V-B SUDOE,
. Os tipos de proxectos esperados por eixes prioritarios,
. As características máis importantes da primeira Convocatoria,
. Os primeiros elementos relativos á posta en marcha do Programa e dos proxectos (beneficiarios, simplificación, etc.),
. As ferramentas postas a disposición (informe de candidatura, etc).
É preciso puntualizar que, dado que o programa segue en fase de negociación coa Comisión Europea, toda a información achegada deberá considerarse baixo reserva ata a aprobación definitiva deste. O programa enviado a Bruxelas está dispoñible nos diferentes idiomas do partenariado, en español, francés e portugués.
Seminario de lanzamento do programa
O seminario de lanzamento do Programa celebrarase cando a Comisión Europea aprobe o Programa. Terá lugar en Santander e estará organizado para lanzar a primeira Convocatoria de xeito simultáneo, polo que, previsiblemente, teña lugar no mes de setembro.
Primeira convocatoria de proxectos
Está previsto que a primeira Convocatoria de proxectos teña lugar a mediados de setembro, en datas por determinar, en función da celebración do Comité de Seguimento, que haberá de aprobalas.
A primeiro Convocatoria a proxectos abrirase a todos os eixes do Programa. A dotación FEDER dispoñible será ao redor de 40 millóns de euros.
As Convocatorias de proxectos do Programa INTERREG V-B SUDOE desenvolveranse en dúas fases, unha primeira que poderiamos denominar simplificadas e outra completa. A primeira fase consistirá na presentación dunha "proposta de proxecto" (nota conceptual), onde deberán describirse claramente:
. A pertinencia do proxecto, é dicir unha definición clara da problemática territorial común que será tratada polo proxecto, o enfoque seguido para tratala e o valor engadido da cooperación transnacional,
. Os principais resultados esperados, detallando os vínculos entre os obxectivos e resultados do proxecto cos obxectivos e resultados esperados do Programa.
A segunda fase, válida para aqueles proxectos que pasaron a primeira fase, consistirá na presentación dun formulario de candidatura completo.
Os formularios de candidatura deberán presentarse, para ambas as dúas fases, nos idiomas dos beneficiarios que participen nos proxectos.
Quen pode participar nos proxectos?
O programa INTERREG V-B SUDOE está aberto ás entidades públicas e privadas. As entidades públicas ou asimiladas recibirán unha axuda FEDER do 75%. As entidades privadas recibirán unha axuda FEDER do 50%, non podendo ser beneficiarios principais.
Máis información: