Skip to main content

Seminario de lanzamento do programa INTERREG V-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020 e presentación da primeira convocatoria "Día da cooperación europea 2015"

Seminario de lanzamento do programa INTERREG V-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020 e presentación da primeira convocatoria  "Día da cooperación europea 2015"

O Programa INTERREG V-A ESPAÑA?PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020 organiza o próximo día 23 de setembro de 2015 un Seminario de lanzamento e de presentación da primeira convocatoria, no Centro de Artes do Espectáculo de Portalegre (Portugal).

 


O programa do seminario centrarase en presentar:

 

- Ó programa 2014-2020 e os seus obxectivos;

- As Bases da 1ª convocatoria de proxectos;

- Ó procedemento de presentación de candidaturas;

- Os criterios de avaliación das operacións a financiar;

- As estruturas de xestión e os contactos a nivel nacional, rexional ou local que poden facilitar información sobre o Programa.

 

Durante todo o Seminario estará dispoñible o espazo da "Bolsa de Proxectos", onde os participantes poderán presentar e consultar fichas de "propostas de proxectos". Esta ferramenta de axuda para a procura e adhesión de novos socios de proxectos transfronteirizos está dispoñible online na web do Programa, www.poctep.eu (apartado "Interreg 2014-2020" > Convocatorias), onde se poden rexistrar a partir de agora ditas propostas.
Así mesmo, cabe a posibilidade de acompañar o seminario en directo, a través de transmisión en live streaming, desde a páxina web do Programa www.poctep.eu


Este evento tamén se enmarca dentro da celebración do Día da Cooperación Europea (EC DAY) 2015, iniciativa promovida por INTERACT co apoio da Comisión Europea, que celebra este ano a súa cuarta edición. Para obter máis información do Día EC DAY poden consultar a páxina web: www.ecday.eu
Dado que o número de prazas é limitado, por razóns de organización, a inscrición para participar no seminario é obrigatoria. O prazo límite para as inscricións termina o 18 de setembro de 2015.

Toda a información necesaria para participar neste seminario (programa, inscrición, información práctica,....) está dispoñible na páxina web www.poctep.eu  

 

¡Confiamos que esta iniciativa sexa do seu interese e contamos coa súa participación!


Secretaría Conxunta INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020