Skip to main content

Nova publicación do Eixo Atlántico aborda o Pacto de Amsterdam para a Axenda Urbana Europea

Nova publicación do Eixo Atlántico aborda o Pacto de Amsterdam para a Axenda Urbana Europea

O Eixo Atlántico publica un novo número da colección “Cadernos do Eixo”

Nesta ocasión a análise céntrase no proceso de elaboración do Pacto de Amsterdam, que culminará o vindeiro 30 de maio e que marcará a senda das políticas urbanas e fondos relacionados, nos próximos anos.


Nos últimos anos, as cidades viron incrementadas as súas dificultades para facer fronte aos efectos do cambio climático, a conxestión e a calidade do aire se viu agravada, a pobreza urbana permanece como unha cuestión chave, etc... Para facer fronte a estes retos é preciso ter máis en conta o nivel urbano ao deseñar e implementar as políticas comunitarias.


As cidades deben de xogar un papel clave na aplicación das políticas europeas. Os obxectivos establecidos nas políticas sectoriais non poden acadarse sen a participación activa das cidades, sen embargo para acadar esta participación, os obxectivos e as ferramentas deben de estar adaptados ás necesidades reais das cidades.  Baixo este espírito, emprendeuse en Europa o proceso de elaboración dunha Axenda Urbana que guíe e aliñe todas as políticas con incidencia nas cidades.


A concreción da Axenda Urbana é unha das máximas prioridades da Presidencia holandesa do Consello da UE (xaneiro – xuño 2016) e agardase que as bases da mesma se establezan o vindeiro 30 de maio, coa sinatura por parte de todos os Estados membros, do Pacto de Ámterdam para unha Axenda Urbana Europea.


Pero, ¿qué é o Pacto de Amsterdam?, ¿Cales son os seus antecedentes?, ¿e os seus obxectivos? A nova publicación do Eixo Atlántico quere dar resposta a estas e outras preguntas, co ánimo de informar sobre a perspectiva europea para a abordaxe futura da política urbana na Unión.