Skip to main content

INTERREG SUDOE: ABERTA A PRIMEIRA CONVOCATORIA DE PROXECTOS

INTERREG SUDOE: ABERTA A PRIMEIRA CONVOCATORIA DE PROXECTOS

O 21 de setembro abriuse a primeira convocatoria de proxectos ao programa INTERREG SUDOE, que estará aberta até o 6 de novembro de 2015.
O 6 e 7 de outubro está prevista unha xornada informativa do programa e esta primeira convocatoria en Santander.

A convocatoria aberta é a primeira do cinco previstas no marco deste programa. Cada unha delas constará de dúas fases: unha primeira simplificada e outra completa. Deste xeito, só os proxectos que superen a primeira fase poderán presentarse á segunda, cuxa apertura,  no caso desta primeira convocatoria,  está prevista para o primeiro semestre de 2016. A aprobación dos proxectos será notificada a partir de xuño de 2016, aproximadamente.

 

O orzamento previsto para esta primeira convocatoria é de 40,2 millóns de euros, distribuídos por eixos temáticos como segue:


?    Investigación e innovación: 15, millóns de euros
?    Competitividade das pemes: 6 millóns de euros
?    Economía baixa en carbono: 4,7 millóns de euros
?    Loita contra o cambio climático: 5,1 millóns de euros
?    Medio ambiente e eficiencia de recursos: 8,6 millóns de euros


Neste período e como principal novidade, os socios dos proxectos poden ser entidades públicas, privadas con ou sen ánimo de lucro e empresas, localizadas no territorio SUDOE.
Os proxectos deberán estar organizados por un partenariado transnacional formado por polo menos dous beneficiarios pertencentes a dous países participantes, dos que polo menos un debe proceder dun Estado membro.


Máis información: