O Pacto dos Alcaldes é a iniciativa europea que conta coa participación de entes locais e rexionais, comprometidos de forma voluntaria para alcanzar e superar, antes de 2020, o obxectivo fixado pola Unión Europea (UE) de redución das emisións de CO2 nun 20%. A UE comprometeuse recentemente cun novo obxectivo: reducir as emisións de CO2 nun 40% para 2030.
No contexto deste novo marco político da UE para o clima e a enerxía, o Comité das Rexións puxo en marcha unha consulta pública, anónima e aberta a todos os entes locais e rexionais, a todas as redes que lles representan e a outras partes interesadas, co fin de reunir información para determinar se o Pacto dos Alcaldes pode avanzar cara a novos obxectivos máis ambiciosos, e sobre a forma de facelo.
A consulta pública atópase dispoñible nos diferentes idiomas da UE na seguinte ligazón:
https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/c89e9602-e8f9-4b0c-b3d9-eca3195aa572?draftid=b05228c7-aeb0-461b-b0f5-2ffe062bcf02&surveylanguage=ES&serverEnv=