Connecting Europe Facility (CEF) aproba 24 mil millóns de euros para os proxectos da Rede Transeuropea de Transporte para o período 2014- 2020
Introdución
Dende 1995, a Unión Europea ten a posibilidade de conceder unha axuda financeira aos proxectos de interese común, incluídos nas Directrices para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte (Trans - European Transport Network TEN-T). En relación ó seu predecesor (2007- 2013) a asignación financeira de CEF para os proxectos de transporte aumentou case tres veces.
Fora deste orzamento, os 11.300 millóns de euros reserváronse para os proxectos dos Estados Membros que son elixibles para a axuda do Fondo de Cohesión. Co fin de garantir un mellor uso dos limitados recursos dispoñibles da UE, a gran maioría dos fondos de CEF durante o período da programación 2014 – 2020 van a ser dirixidos aos grandes proxectos transfronteirizos, abordando os principais obstáculos nos nove corredores multimodais TEN-T, así como nas prioridades horizontais, tales como a posta en práctica dos sistemas de xestión do tráfico, que permiten o mellor uso da infraestrutura existente (por exemplo ERTMS para os ferrocarrís, SESAR para a aviación, ITS para a estrada).
Os programas de traballo anual e plurianual
Entre o 80 e el 85% do financiamento CEF durante o período 2014-2020 vanse asignar baixo o Programa de Traballo Plurianual (MAP en inglés), os proxectos que son de maior duración e de importancia estratéxica, como os dos nove corredores da Rede Principal e os que abordan as prioridades horizontais que son pre-identificados no Regulamento CEF.
Aproximadamente de 15 a 20% dos fondos de CEF durante o período 2014-2020 vanse asignar baio o Programa de Traballo Anual (AP en inglés) aos obxectivos que reflictan o desenvolvemento da infraestrutura de transporte, servizos de transporte e as instalacións, así como as prioridades da política de transporte de carácter máis a curto prazo, por exemplo, a redución do ruído ferroviario de mercancías, o apoio dos servizos de transporte de mercadorías, accións específicas nos ámbitos da telemática do transporte e a innovación.
Estrutura das convocatorias e o financiamento de CEF para o ano 2014
O importe total solicitado nas propostas elixibles nas convocatorias de 2014 para o Programa de Traballo Plurianual foi de 25.700 millóns de euros, dos cales 19.200 millóns de euros foi a dotación xeral e os 6.500 millóns de euros foron para o financiamento de cohesión. O presuposto total para as convocatorias foi de 11.000 millóns de euros, incluíndo os 4.000 millóns de euros para a convocatoria dedicada ao Fondo de Cohesión para os países elixibles.
O importe total solicitado en propostas elixibles nas convocatorias de 2014 para o Programa de Traballo Anual foi de case 7.000 millóns de euros, mentres que o presuposto total desta convocatoria foi de 930 millóns de euros para todas as prioridades combinadas.

España presentou 111 propostas de proxectos na convocatoria, dos cales 79 foron recomendados para o financiamento e 32 foron rexeitados porque non cumprían todos os requisitos necesarios. Portugal presentou 12 proxectos, dos cales seis se recomendaron para o financiamento e seis non foron recomendados.

España e Portugal colaboraban en 17 proxectos, dos cales 11 foron recomendados para o financiamento e seis foron rexeitados porque non cumprían os requisitos necesarios.
No gráfico vemos a distribución do financiamento de CEF para as propostas dos proxectos de España e Portugal e os proxectos en común entre os dous países.

Seguindo os obxectivos principais do financiamento, a área onde máis proxectos se presentaron son os Corredores das redes principais e a Innovación. Por outra parte, no tema da Infraestrutura segura e as Autoestradas do mar, España presentou so un proxecto, mentres que Portugal centrouse nos obxectivos da Plataforma loxística multimodal.
España e Portugal presentaron tres proxectos comúns, centrándose no obxectivo das Autoestradas do mar (Motorways of the Sea).
Na zona de Galicia – Norte de Portugal aprobáronse catro proxectos:
ERTMS deployment on sections on the Atlantic Corridor and other section of the basic network in Spain
O despregamento do ERTMS en seccións sobre o Corredor Atlántico e outra sección da rede básica en España
Comezo: xaneiro 2014
Final: decembro 2017
Financiamento solicitado: 25.590.958 euros
Financiamento recomendado: 23.031.862 euros
CORE LNGas hive - Core Network Corridors and Liquiefied Natural Gas
Rede Central Corredores e Gas Natural
Comezo: maio 2014
Final: decembro 2020
Financiamento solicitado: 74.870.696 euros
Financiamento recomendado: 7.783.767 euros
Arc Atlantique Corridor Phase II
Arco Atlántico Corredor Fase II
Comezo: maio 2014
Final: decembro 2020
Financiamento solicitado: 74.870.696 euros
Financiamento recomendado: 7.783.767 euros
Universal Accessibility in Passenger Stations
Accesibilidade universal en Estaciones de Viajeros
Comezo: setembro 2014
Final: setembro 2017
Financiamento solicitado: 1.571.367 euros
Financiamento recomendado 1.571.367 euros