Skip to main content

Non soubemos como anticiparnos, nin sequera medir o risco

Non soubemos como anticiparnos, nin sequera medir o risco

Artigo de opinión de Paulo Ramalho, concelleiro de Economía e Relacións Internacionais da Cámara Municipal de Maia, publicado en Notícias Maia

Sentín unha mestura de ledicia e tristura cando vin aterrizar un avión da Luftwaffe no Aeródromo Figo Maduro, en Lisboa, o día 3, con reforzos de Alemaña para o noso sistema nacional de saúde, que se encontra actualmente baixo unha forte presión diante da alta presión ante o elevado número de ingresos hospitalarios por Covid-19. Ledicia, porque significa que a comunidade internacional, e máis concretamente a comunidade europea, está unida e é solidaria na loita contra esta pandemia, e está dispoñible para accións concretas. Tristura, porque nunca pensei que Portugal precisaría esta axuda, dada a forma en que lidiamos coa mesma pandemia durante a primeira vaga.

De feito, en xuño e xullo do ano pasado Portugal foi recoñecido internacionalmente como un dos países que mellor combatera a propagación da Covid-19, a diferenza de outros países europeos, como Italia, Bélxica, Francia, Reino Unido e España, que resultaron gravemente afectados, tanto polo número de persoas infectadas como polo de vítimas mortais. Neste contexto pandémico, Portugal apareceu ante o mundo como un país seguro cun sistema nacional de saúde capaz. Non teño ningunha dúbida de que esta imaxe foi absolutamente imprescindible para que moitos estranxeiros escollesen Portugal como destino de vacacións de verán en 2020. O que acontece é que, dun momento a outro, todo cambiou. De modo que, neste momento, Portugal é mesmo un dos países que presenta un maior número de mortes e novos contaxios provocados polo novo coronavirus nunha escala dun millón.

Cabe lembrar que só en xaneiro morreron 5.785 persoas por Covid-19 en Portugal, cando no conxunto de 2020 o número total de defuncións rexistradas como consecuencia desta enfermidade non superou as 6.972 no noso país. No primeiro mes de 2021, Portugal acadou arredor do 83% do total de mortes rexistradas durante todo 2020 por Covid-19. Nestes primeiros cinco días de febreiro xa hai máis de 1.197 mortos para sumar á lista. E todo isto sucede nun momento no que coñecemos mellor a enfermidade e a forma de transmisión do virus que a provoca. E xa temos mesmo vacinas listas para ser distribuídas.

É evidente que a responsabilidade desta triste realidade non recae nos nosos profesionais da saúde, que fan todo o posible por salvar vidas, traballando durante horas e horas, a miúdo en circunstancias particularmente difíciles. Podo imaxinar o que lles pasa na alma cando teñen que enviar a outro paciente a cuidados intensivos, miran pola xanela e ven fileiras de ambulancias fóra do hospital, agardando vez... A responsabilidade é, naturalmente, dos cidadáns que non quixeron, non souberon ou simplemente non conseguiron cumprir as normas ás que estaban obrigados e, obviamente, e en primeira instancia, aos que nos gobernan e tiñan o deber de tomar as mellores decisións. Non as decisións máis agradables ou populares, senón as que máis protexían a comunidade, aquelas más vencelladas ao deber. E neste asunto, ao contrario do que aconteceu na primeira vaga, o noso goberno actuou moi mal, sen nin sequera prestar a debida atención ao que sucedía en boa parte do territorio europeo.

En marzo e abril do ano pasado Portugal confinou en serio e puido controlar as cadeas de contaxio. Non sei se por medo ou por convicción, os portugueses mobilizáronse con determinación e foron estritos no respecto das medidas para previr a transmisión do novo coronavirus. Nesta ocasión, cando moitos dos países europeos, en novembro e decembro, avanzaron con estritas normas de contención, co peche de parte do comercio e a restauración, o goberno portugués optou por medidas de peche parcial as fins de semana que non foron capaces de evitar a aglomeración de persoas nos centros comerciais, o transporte público e os espazos públicos de ocio ao aire libre, como xardíns e paseos marítimos, permitíndose mesmo suavizar estas normas durante o período de Nadal e Aninovo. E se ben podemos entender o intento de insistir en conciliar o funcionamiento da economía coa loita contra a pandemia, un compromiso que recoñecemos é sempre complexo e que precisa ser avaliado constantemente e axustado con frecuencia, non atopamos ningunha xustificación en que o goberno ignorase os consellos da prudencia (e a ciencia) e que mesmo se decantase por un Nadal e un Aninovo “máis desconfinados”. Todos sabiamos que o riesco de equivocarse era alto. Advertírono varios expertos. Tamén lembre que a Ordem dos Médicos advertira a principios de decembro que para "a SARS-CoV-2 non existía o Nadal nin o Aninovo e que todas as reunións eran oportunidades de transmisión e contacio, ás veces con consecuencias irreparables”.

Angela Merkel fixo en Alemaña exactamente o contrario do que fixo o goberno portugués. Durante a tempada de Nadal aumentou as restriciónes, mesmo pechando todo o comercio de bens non esenciais, así como os colexios entre o 16 de decembro e o 10 de xaneiro. O certo é que António Costa e o seu equipo non souberon medir o riesco e moito menos anticipar o problema. E o resultado foi o seguintes: no rexistro diario do 23 de demebro, Portugal tiña 4.378 novos casos de contaxio polo novo coronavirus e, tras as festas de Nadal e Aninovo, é dicir, o 5 de xaneiro, o número de novos contaxiados chegou a 10.027. Máis do dobre de casos novos diarios en menos de quince días. Con todo isto, non puidemos protexer axeitadamente a saúde pública nin salvagardar o bo funcionamento da economía, como estou seguro que era a intención. E o futuro, que xa non era fácil, fíxose un pouco máis difícil...