Skip to main content

Volve o Día Europeo do Turismo!

Volve o Día Europeo do Turismo!

Tras cinco anos de ausencia, o Día Europeo do Turismo volve con forza para ser celebrado da man de DG Grow o día 5 de maio en modalidade presencial (Bruxelas) e online

Este evento supón unha oportunidade única para coñecer o estado actual da política europea en materia de turismo, sobre todo no ámbito da transición verde e dixital, así como para facer seguimento do Itinerario da transición cara ao turismo e compartir as mellores prácticas para a súa co-implementación. Para iso, Thierry Breton, comisario para de Mercado Interno, intercambiará ideas e debaterá cos stakeholders competentes na materia.

O Día Europeo de Turismo celebrarase nunha xornada presencial o día 5 de maio no edificio Charlemagne desde as 9 da mañá. Así mesmo, contará con interpretación simultánea en inglés, francés, alemán, italiano e castelán. O evento tamén será retransmitido, polo que tamén será posible a súa asistencia en modalidade online.

A invitación formal será enviada ao correo electrónico por DG GROW ao longo do mes de marzo, esta incluirá xa a ligazón para rexistrarse no evento.

Máis información en : https://single-market-economy.ec.europa.eu/events/european-tourism-day-2023-2023-05-05_en