“As Illas Cíes de Vigo. As túas Illas” será unha experiencia piloto do día 23 de maio de 2015, dirixido a persoas maiores de idade nativas ou residentes en Portugal, ata un máximo de 245 prazas
O Concello de Vigo organiza, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un programa de turismo sostible e cultura para as Illas Cíes de Vigo en baixa tempada, para descubrir, gozar e preservar este paraíso natural que queremos Patrimonio da Humanidade. Prográmase esta experiencia piloto internacional dirixida a Portugal para avaliar e adaptar o proxecto e mellorar a súa operativa internacional.
As experiencias artéllanse en tres rutas:
Paseos sonoros: ¿Como soan as illas? ¿Ata onde chega a nosa relación sensorial coa paisaxe? (Ruta Vermella: 70 participantes. 4 monitores)
Arte, dous subgrupos:
- Debuxo e pintura: (Ruta amarela: 35 participantes. 2 monitores)
- Fotografía da natureza: (Ruta laranxa: 35 participantes. 2 monitores)
Descubrindo a natureza: Descobre como é a vida das illas: dende a beiramar nos restos das mareas até os cantís que contemplan o océano (Ruta verde: 70 participantes. 4 monitores)
Navegación a vela: Navegarán ata as illas Cíes en goleta, participando na navegación a vela e recibindo información sobre técnicas de orientación no mar. (Ruta azul: 35 participantes. 3 monitores)
O programa vai dirixido a persoas maiores de idade nativas ou residentes en Portugal, ata un máximo de 245 prazas. A convocatoria publicarase simultaneamente na prensa do norte de Portugal, web municipal de Vigo e na web turismodevigo e redes sociais.
As inscricións poderán realizarse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (onde se colle o barco para Cíes), en horario de 10:00 a 17:00 horas, de luns a mércores.
Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. DNI Teléfono móbil de contacto. Correo-e (opcional).
Poden consultarse as condicións de participación na web vigo.org, web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo.
Para información telefónica: Tel. + 34 986 22 47 57 de Turismo de Vigo, en horario de 10:00 a 17:00 horas (hora española), de luns a vernes.Correo-e de inscrición: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.