A terceira edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019, terá lugar no paseo do Malecón da cidade os próximos 5, 6 e 7 de xullo do presente ano
José Tomé, alcalde de Monforte, na presentación do festival, manifestou o seu desexo, así como o de todos os adegueiros participantes de que "queremos que nos visite moita xente durante o tres días que vai durar o evento, que en definitiva debe supor o colofón a todas as feiras que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe". Do mesmo xeito "a celebración deste evento pensamos que vai ser un reclamo importante para atraer xente a Monforte e ao conxunto da Ribeira Sacra, co fin de contribuír a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostaleira e o comercio".
vexa o video promocional, a continuación...