Skip to main content

Saberes e sabores unen Maia, Lugo e O Barco de Valdeorras

Saberes e sabores unen Maia, Lugo e O Barco de Valdeorras

 Lugo, Saber e sabor;  Malga-Saberes e Sabores da Maia e Excelencia en O Barco de Valdeorras son os tres proxectos en marcha para potenciar o produto de proximidade e aos seus produtores este 2021.  A través de diversas fórmulas, estas tres cidades comparten unha meta común: a defensa da gastronomía tradicional e a súa integración na nova oferta culinaria de restaurantese fogares de toda Europa. 

26 de marzo de 2021. Lugo, saber e sabor é un programa promocional do Concello de Lugo. Presentado na Feira Internacional de Turismo (FITUR) no ano 2019; as imaxes da muralla e o patrimonio cultural e natural lucense mestúrase cos pratos máis típicos da terra. Produtos como polbo, embutido, xamón e viño deixan paso ao marisco, peixe fresco e vexetais dispoñibles no mercado local.   A gastronomía local cóase nos últimos planos dun vídeo que se proxectou ante 253.490 participantes en FITUR 2019.   

“A pesar de todos os problemas que nos deixou, é evidente que a pandemia tamén puxo o foco sobre o que é auténtico, natural e saudable”, sinala Paulo Ramalho,  vereador da Câmara Municipal de Maia.

Maia a pesar de ser especialmente coñecida pola dimensión e diversidade do seu tecido empresarial, sendo actualmente o maior exportador da área Metropolitana de O Porto, mantén aínda unha boa parte do seu territorio na contorna rural, cunha forte presenza de produción agrícola de gran calidade. “ Maia é un municipio que concilia de forma tranquila a contorna rural coa urbana e a tradición coa modernidade. Quen nos visita atopa o mundo rural ás portas da cidade”, engade Ramalho.  

É neste contexto onde xorde o proxecto  Malga-Saberes e Sabores dá Maia liderado pola Unidade de Turismo da Cámara Municipal de Maia, en asociación coa Asociación Litoral Rural e co apoio da Cooperativa Agrícola de Maia. “A partir dos nosos produtos propios, estamos a construír novas propostas gastronómicas, mesturando a tradición coa modernidade, o saudable con antigos e novos sabores, coa ambición de introducilas nos menús dos restaurantes e na dieta habitual dos cidadáns”, sinala o  vereador.

Para dar forma a este proxecto, en Maia propuxeron este reto a un conxunto de Chefs  e outros especialistas para traballar, de forma sólida e líquida, cos mellores produtos de Maia. “Non hai boa gastronomía sen bo produto. Despois a creatividade e a imaxinación fan o resto”, opina Paulo Ramalho. 

O Barco de Valdeorras atópase promocionando os seus produtos tradicionais baixo a marca rexistrada Excelencia, un proxecto europeo que axuda a pequenos produtores locais a promocionar e colocar os seus produtos no mercado. “O noso obxectivo é seguir traballando para promocionar o rural galego e portugués. Hai unha serie de produtos de primerísima calidade, que teñen dificultades para chegar ao mercado”, explica Alfredo García, Alcalde do Barco de Valdeorras.  O proxecto impulsado polo Eixo Atlántico e O Barco de Valdeorras, comezou coa promoción destes produtos elaborados en Trás-os-móntes e O Barco. Este 2021, a intención é ampliar a lista de produtores e promocionar a marca Excelencia a través de feiras e a creación dunha páxina web onde se atopen estes produtos de proximidade, para dar o salto ao mercado nacional e internacional. “O obxectivo é dar a coñecer os embutidos da comarca de Valdeorras, os aceites de Quiroga, os licores portugueses, as conservas vexetais de Verín, as nosas marmeladas, viños e dar saída a unha infinidade de produtos que se atopan ocultos pola falta de recursos que ten o produtor para a súa promoción”, engade o alcalde. 

Tres proxectos diferentes que se desenvolverán durante 2021, pero que comparten unha única meta: promocionar o produto local e de calidade para goce de todos os cidadáns tanto da Eurorrexión como do resto do mundo.