
É un paso máis por facer a cidade máis accesible a todos, eliminando barreiras arquitectónicas, afirman
Foi presentado, na oficina de Turismo de Braga, a ruta turística ”Profitecla na Rua”. Desenvolvido por alumnos do curso de Turismo da Escola Profesional Profitecla, o rueiro consiste nun itinerario gratuíto especialmente adaptado para persoas con deficiencia e mobilidade reducida.
O itinerario presupón a pasaxe por diversos puntos turísticos da Cidade de Braga e será realizado, o día 3 de Decembro, data simbólica por tratarse do Día Internacional da Persoa con Deficiencia. Os interesados en participar nesta iniciativa, que será dirixida polos propios alumnos que crearon a ruta, deberán inscribirse previamente á beira da Oficina de Turismo de Braga ou a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As visitas realizaranse entre as 10h30 e as 12h00 e as 14h30 e 16h00 (todas as horas son locais, unha hora máis na Galicia).
Segundo António Barroso, do Gabinete de Apoio á Presidencia do Concello de Braga, éste é outro paso no sentido de reafirmar Braga como cidade inclusiva e accesible para recibir, non só aos turistas, senón tamén para ser disfrutado polos seus habitantes: Barroso reafirmo o compromiso do Municipio para eliminar as barreiras arquitectónicas e crear mellores condicións para que esta franxa da poboación poida gozar do riquísimo patrimonio da Cidade.
António Barroso realzou o carácter pedagóxico da iniciativa, garantindo que a elaboración desta ruta confire aos mozos, autores da mesma, unha formación práctica extremadamente valiosa.
O proxecto conta coa colaboración do Municipio de Braga, da Asociación Comercial de Braga, da Asociación Portuguesa de Deficientes e do Turismo Porto e Norte.