Skip to main content

Radio Vigo analiza a situación do sector do turismo no Eixo Atlántico con Carmen Pardo, Ana Ladeiras e Rita Fidalgo

Radio Vigo analiza a situación do sector do turismo no Eixo Atlántico con Carmen Pardo, Ana Ladeiras e Rita Fidalgo

Poñen en valor os principais recursos turísticos da Eurorrexión como é o Camiño Portugués de Santiago

O turismo foi o protagonista no programa “Hoy por Hoy”de Radio Vigo, que contou coa participación das expertas en turismo do Eixo Atlántico Carmen Pardo e Ana Ladeiras, así como coa responsable do departamento de Programas e Cooperación, Rita Fidalgo.

Durante o programa, que se emite simultaneamente por Televigo, e se redifunde tamén por Antena Minho as invitadas puxeron en valor os principais recursos turísticos da Eurorrexión como é o Camiño Portugués de Santiago, que está a obter moi bos datos de participación. Ademais de destacar a importancia de seguir defendendo a política turística do Eixo “Dous países, un destino” para que os cidadáns poidan concibir como un todo o territorio de Galicia e o Norte de Portugal, porque realmente se trata dun territorio e dunha poboación moi homoxénea.

As expertas destacaron tamén a faceta do sector turístico como dinamizador da economía e do emprego, así como a necesidade de abrir novos nichos de mercado como pode ser a poboación da diáspora que retorna ou o turismo termal.