Skip to main content

Porto, Matosinhos, Maia e Gaia no top das mellores cidades

Porto, Matosinhos, Maia e Gaia no top das mellores cidades

As cidades de Porto, Matosinhos e Vila Nova de Gaia foron consideradas pola consultora Bloom Consulting como das que mellores condicións ofrecen a quen nelas viven

Porto é o municipio máis destacado, en segundo lugar, só detras de Lisboa. Matosinhos colócase no 14º posto, suplindo no posto a Loures e Évora. Maia e Vila Nova de Gaia ocupan, respectivamente, as posicións 20ª e 21ª.

En comparación co ranking do ano pasado, Porto mantivo o mesmo segundo posto, Matosinhos subiu seis lugares, Vila Nova de Gaia escalou 14 posicións e Maia descendeu cinco.

Para elaborar este ranking tívose en conta a calidade de vida, o turismo e o ambiente para facer negocios nos 308 municipios de Portugal.