A Feira Franca de Pontevedra e a Viagem Medieval de Santa María da Feira ultiman ós preparativos cara a súa próxima celebración. Son dous das feiras medievais máis importantes en Galicia e Portugal respetivamente, tanto pola recreación, como polo número de visitantes que rexistran. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto có Presidente da Camara de Santa María da Feira, Emidio Sousa, estiveron en Vigo para promocionalas na radio e televisión dentro do programa "Hoy Por Hoy Sin fronteras", que emiten conxuntamente Localia, RadioVigo y TVMinho de Braga.
Santa María da Feira celebra A Viagem Medieval o maior evento de recreación histórica medieval do país. Realizase, anualmente, durante dez días consecutivos, no centro histórico de Santa Maria da Feira, coa visita diaria de 50 mil visitantes.
Con características únicas no país, este proxecto diferenciase polo seu rigor histórico, dimensión (espacial e temporal) e a implicación do pobo e as entidades locais, reforzado por un gran equipo de máis de mil persoas de diversas áreas, das que 250 son voluntarios.
Centrada na recreación de episodios e acontecementos que marcaron a historia local e nacional da Idade Media, a Viagem Medieval comenzou a celebrarse no Castelo, e rápidamente chegou por todo o centro histórico, ocupando actualmente unha área de 40 hectáreas.
A Viagem Medieval foi distinguida cunha mención de honra na terceira edición dos Premios Turismo de Portugal, na categoría de "Animación".
Pola súa parte, o alcalde de Pontevedra, aproveitou a súa presenza no programa de radio e televisión para promocionala Feira Franca, festa que ten lugar o primeiro fin de semana de setembro, basase no el privilexio concedido polo rei Enrique IV no ano 1.467, en virtude do cual autorizabase a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomé
Rescatada nos inicios do século XXI, a Feira Franca pontevedresa é un gran mercado medieval onde a artesanía, a gastronomía, os torneos caballerescos, a recreación do transporte do viño, a animación de rúa e outras actividades históricas e culturais coinciden nunha festa popular na que un bo número de veciños de Pontevedra, e de visitantes á cidade nestes días, compiten pola orixinalidade dos seus vestidos medievais, nun verdadeiro espectáculo de sabores e cores.
Espectáculos e actos culturais forman o apretado programa desta feira que comeza o venres e remata ó sábado pola noite, na que, como non podía ser doutra maneira tratándose de Pontevedra, a gastronomía cobra un especial protagonismo.
Máis informaçao en www.viagemmedieval.com
Máis información en www.feirafranca.info