Skip to main content

O tirón turístico de Ourense creceu nun 12 % até novembro

O tirón turístico de Ourense creceu nun 12 % até novembro

Nove de cada dez turistas que se aloxaron na cidade fixérono en hoteis

Aínda quedan por contabilizar os datos do mes de decembro, pero todo apunta a que o 2019 será un ano excelente para o turismo na cidade de Ourense. Os datos provinciais que mensualmente achega o Instituto Nacional de Estatística (INE) apuntaban a un crecemento, pero o detalle pormenorizado que difundiu o domingo a Xunta confirma que a tendencia é especialmente positiva na capital ourensá, onde se produciu un incremento do 11,9% durante o once primeiros meses do ano con respecto ao 2018. É a capital que máis crece en Galicia.
Así, na cidade de As Burgas aloxáronse 136.591 viaxeiros entre xaneiro e novembro do pasado ano. É o segundo exercicio consecutivo, e o cuarto no últimos cinco anos, nos que se observa unha mellora dos niveis de demanda hostaleira en Ourense até o mes de novembro (case 225.000 pernoctacions). Isto permite alcanzar a cifra máis elevada da última década e supón 22.000 novas pernoctacions en comparación co ano anterior. Tamén é destacable o feito de que na provincia de Ourense tamén crece esa demanda, aínda que con distinta intensidade. A cifra de viaxeiros aloxados subiu un 3,4% (374.150) e o volume de noites aloxadas faio nun 3,7% (721.241) na comparativa interanual.