Está a preparar o I Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito do Termalismo
Os membros do Foro Termal do Eixo Atlántico mantiveron o pasado mércores unha reunión no Grove para avanzar nos distintos proxectos que teñen en marcha.
Sen dúbida, un dos máis importantes é a publicación da primeira Guía Turística dos recursos termais, que incluirá as instalacións de referencia de todos os municipios do foro.
Durante a reunión, os representantes municipais analizaron os contidos da guía, que se prevé sexa pública durante o primeiro trimestre de 2019. Ademais tamén se decidiu comezar os traballos para organizar o I Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito do Termalismo, co obxectivo de que se realice en marzo nalgunha das localidades membro do foro.
O foro termal do Eixo Atlántico está composto por 13 membros: Lugo, Carballo, O Carballiño, Caldas de Reis, Deputación de Lugo, Ourense, O Grove, Santo Tirso, Santa Maria da Feira, Guimarães, Vizela, Vila Pouca de Aguiar, a Eurocidade Chaves-Verín e Terras de Bouro.