Skip to main content

O Foro termal do Eixo Atlántico avanza cara a súa constitución como referencia da Eurorrexión na promoción deste recurso natural

O Foro termal do Eixo Atlántico avanza cara a súa constitución como referencia da Eurorrexión na promoción deste recurso natural

O obxectivo é impulsar a promoción termal do territorio do Eixo Atlántico, dado o potencial turístico que posúe

O 22 de marzo, Día Mundial da Auga, tivo lugar en Guimarães a segunda reunión de traballo para a constitución do Foro Termal do Eixo Atlántico, que pretende levar a cabo accións para a promoción de hábitos biosaudables, a investigación en colaboración coas universidades, a promoción conxunta dos destinos termais, capación de recursos de financiamento con programas e planos europeos ou a formación e visibilidade dos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais.
En concreto, durante esta reunión, que tivo lugar no Balneario de Taipas, avanzouse no protolo e o regulamento do foro, o programa de actuación e financiamento, entre outros asuntos claves para o desenvolvemento desta rede termal
Segundo indicou Ricardo Costa, representante do municipio de Guimarães e presidente da Dirección de Taipas Termal “o traballo que esta red termal realiza constitúe tamén un paso importante para a promoción dos territorios abranguidos polo Eixo Atlántico”.
Estratexia conxunta
Esta rede termal ten como misión desenvolver unha estratexia conxunta de divulgación, promoción e posta en valor do termalismo e a cultura e patrimonio termal da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao que se sumará a promoción do intercambio de boas prácticas e a participación conxunta en proxectos e iniciativas de todo tipo.