O Eixo publica un estudo sobre o efecto fronteira na protección e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural europeo
O informe realiza unha serie de recomendacións dirixidas á Comisión Europea con vistas á súa consideración á hora de desenvolver os Regulamentos relativos aos fondos estruturais 2021-2027.
As Fronteiras de sete países reflexionan sobre como a fronteira pode ser un activo á hora de pór en valor o patrimonio natural e cultural das rexións fronteirizas.
Este informe realiza unha serie de recomendacións dirixidas á Comisión Europea con vistas á súa consideración á hora de desenvolver os Regulamentos relativos aos fondos estruturais 2021-2027.
O informe contén información sobre o punto de situación (relevancia do desenvolvemento da fronteira e principais retos e áreas de mellora) do patrimonio natural e cultural, así como do turismo transfronteirizo en cada unha das rexións analizadas, unha vez que o turismo está directamente vinculado á promoción e protección do patrimonio.
Así mesmo, inclúe os resultados dunha enquisa online desenvolvida para coñecer a percepción dos actores de cada fronteira sobre o impacto da intervención dos fondos europeos e unha lista de recomendacións para a cooperación territorial post 2020.
O estudo, que propón 20 exemplos de boas prácticas que ilustran casos de éxito nas áreas fronteirizas participantes, é a antesala dos Plans de Acción que cada área fronteiriza elaborará até finais de 2019, en estreita coordinación coa Autoridade de Xestión de cada un dos programas transfronteirizos abordados.
Neste estudo, financiado por Interreg Europe no contexto do proxecto EPICAH que lidera o Eixo Atlántico, participaron expertos de sete áreas transfronteirizas de Europa representadas por:
- Eixo Atlantico do Noroeste Peninsular (fronteira ES/PT)
- Axencia de Desenvolvemento Rexional da Rexión de Pilsen (República Checa)
- Centro de Cooperación Transfronteiriza de Peipsi (Estonia)
- Rexión de Macedonia (Grecia)
- Asociación Ibérica de Municipios Ribeireños do Duero (España)
- Rexión vinatera de Tokaj (Hungria)
- Axencia de Desenvolvemento do Empolese Valdelsa (Italia)
- Asociación de Desenvolvemento Intermunicipal de Satu Mare (Rumania)
Máis información: https://www.interregeurope.eu/epicah/