Skip to main content

O Camiño rompe marcas: 14.000 peregrinos en Semana Santa

O Camiño rompe marcas: 14.000 peregrinos en Semana Santa

Aumentou a súa afluencia nun 61,34 % respecto ao mesmo período do ano pasado

Case 14.000 peregrinos chegaron a Santiago despois de percorrer o Camiño durante Semana Santa, co que a Ruta aumentou a súa afluencia nun 61,34 por cento respecto ao mesmo período festivo do ano 2018.
De feito, no catro días grandes chegaron máis de 8.000 peregrinos, o que supuxo un 58,41 por cento do total e rexistráronse picos de máis de 2.000 diarios en xornadas como o Venres e o Sábado Santo.
Durante toda a Semana Santa, a maior parte dos camiñantes procederon do estranxeiro. De feito, o 51,6 por cento dos que recolleron a acreditación entre o venres 12 e o domingo 21 chegaron de fóra de España, destacando especialmente os portugueses, alemáns, irlandeses e estadounidenses.
Por itinerarios, máis da metade das persoas que realizaron a Ruta, un 57,72 por cento, fixeron o Camiño Francés. Tamén, segundo os datos oficiais, a segunda senda máis percorrida durante estes días foi a vía portuguesa, que foi escollida por máis do 23 por cento. O terceiro itinerario máis percorrido foi o Camiño Portugués da Costa -foi a elección dun 6 por cento- seguido do Inglés, o do Norte, Primitivo, Vía da Prata e o de Inverno.