Skip to main content

Nove cidades portuguesas do Eixo Atlántico obtén 72 bandeiras azuis

Nove cidades portuguesas do Eixo Atlántico obtén 72 bandeiras azuis

A Bandeira Azul é un símbolo de calidade que distingue o esforzo de diversas entidades en facer posible a coexistencia do desenvolvemento local e do respecto polo medioambiente

Vila Nova de Gaia con 20 bandeiras, seguida de Matosinhos e Viana do Castelo encabezan a lista de bandeiras azuis no Norte de Portugal en 2023. O Xurado nacional anunciou un total de 432 Bandeiras Azuis en Portugal, 90 das cales quedan no Norte de Portugal e 72 en cidades integradas no Eixo Atlántico.

As cidades portuguesas integradas no Eixo Atlántico con Bandeira Azul son:
Vila Nova de Gaia (20), Matosinhos (16), Viana do Castelo (10),Póvoa de Varzim (8), Vila do Conde (6), Esposende (4), Porto (4),Braga (3) e MIrandela (1).

A concesión Bandeira Azul 2023 deu inicio, o pasado día 30 de xaneiro, coa reunión Xurado Nacional do Programa Bandeira Azul, que tivo como obxectivo avaliar as zonas balnearias, as mariñas e portos de recreo e as embarcacións ecoturísticas candidatas ao Programa Bandeira Azul.

O Xurado Nacional Bandeira Azul é composto por preto de 30 entidades, que desempeñan un papel fundamental na xestión de praias, mariñas ou embarcacións de ecoturismo.

A Bandeira Azul é un símbolo de calidade que distingue o esforzo de diversas entidades en facer posible a coexistencia do desenvolvemento local e o respecto polo Medioambiente, elevando o grao de concienciación dos cidadáns en xeral para protexer o medioambiente mariño, costeiro e lacustre.

https://bandeiraazul.abae.pt/galardoados/galardoados-2023/