Skip to main content

Lalín vén de acadar o destino Starlight, un distintivo de calidade recoñecido internacionalmente, que abre as portas a novos visitantes atraídos polo turismo de observación das estrelas

Lalín vén de acadar o destino Starlight, un distintivo de calidade recoñecido internacionalmente, que abre as portas a novos visitantes atraídos polo turismo de observación das estrelas

Crespo sinala que “é unha magnífica noticia” que situará a Lalín nunha destacada posición no mapa astronómico e turístico


Lalín vén de acadar ser Destino Startlight, un sistema de certificación de calidade que outorga a Fundación Starlight, entidade recoñecida a nivel internacional, e que suporá a apertura de novas vías de atracción de turistas e visitantes ligados ao astroturismo, isto é, ao turismo de observación das estrelas e dos ceos.

A directora da Fundación Starlight, Antonia Varela, confirmou a Crespo a obtención deste distintivo de calidade tras acreditar o Concello de Lalín o cumprimento duns estritos estándares de calidades avalados pola Unesco, a Organización Mundial do Turismo e a Unión Astronómica Internacional.

O alcalde de Lalín, José Crespo, cualificou de “magnífica noticia” que Lalín veña de acadar ser Destino Turístico Starlight, un distintivo que goza de prestixio internacional e co que se acreditan aqueles espazos de excelente calidade do ceo. Neste sentido remarcou que ser “Destino Startligth ábrenos moitas posibilidades en canto á dinamización turística ligada á observación das estrelas (astroturismo)”.

Así mesmo remarcou que “o Destino Startlight é unha peza claves nos atractivos que queremos potenciar en Lalín para incrementar o interese turístico do noso Concello e situaranos nunha posición destacada no mapa astronómico e científico”. “Estamos nun momento en que as distincións de calidade marcan a diferenza entre converter un destino en máis atractivo que outros e en Lalín temos ese selo na gastronomía e con este proxecto terémolo tamén na calidade dos nosos ceos, reforzando así os nosos atractivos turísticos que nos permitirá atraer máis visitantes e turistas a noso pobo dun perfil que ata o de agora non tiñamos e, consecuentemente incrementar o nivel de dinamización do noso pobo”, explicou.