Skip to main content

Éxito da Festa do Botelo de O Barco

Éxito da Festa do Botelo de O Barco

Exito da XVII edición da Festa do Botelo no Barco de Valdeorras. Celebrouse o pasado día 21 de xaneiro de 2017, previamente e posteriormente, están previstas unha serie de actividades dedicadas á promoción deste evento declarado no 2014 como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Neste ano, a festa contou con a participación da RG coa emisión do programa Come e Fala da Radio Galega. O programa, Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2010, trata de achegarnos un pouco máis a gastronomía, a enoloxía, os produtos e produtores, cociñeiros e cociñeiras de Galicia. Conducido por Xosé Manuel García este é o único programa  na Radio Galega, e no panorama radiofónico español, dedicado á promoción da gastronomía galega.

 

Imáxenes da festa

http://festadobotelo.es/gl/o-barco-de-valdeorras-2017