Skip to main content

Eurostat afirma que o turismo caeu un 75% en Europa

Eurostat afirma que o turismo caeu un 75% en Europa

O sector do turismo caeu o 75% entre o mes de febreiro -xusto cando o coronavirus chegou a Europa- e o mes de xuño, mentres os demais servizos presentaron unha caída do 16,4%

O turismo na Unión Europea sufriu unha caída do 75% en xuño fronte aos datos de febreiro, a consecuencia da pandemia da Covid-19, segundo os datos divulgados por Eurostat, a oficina europea de estatísticas.

En consonancia con Eurostat, o sector do turismo caeu ese 75% entre o mes de febreiro -xusto cando o coronavirus chegou a Europa- e o mes de xuño, mentres os demais servizos presentaron unha caída do 16,4%.

Dentro do sector do turismo, as axencias de viaxes e operadores sufriron as maiores caídas na súa actividade, ao redor dun -83,6%. Séguelle o transporte aéreo, que cae un -73,8% ou o aloxamento, un -66,4%.