As sedes dos xornais Atlantico Diario de Vigo e Diario de Pontevedra na capital da provincia, foron escenario da entrega de estancias que foron sorteadas entre os lectores dos dous xornais
O premio, consiste nun fin de semana para dos persoas en hoteis con encanto situados en cidades do Eixo Atlántico dentro da promoción da nova guía turística da entidade, que pode descargar nesta web.
No caso de Vigo, na sede de Atlántico Diario procedeuse á entrega dunha estancia no Hotel San Francisco de Chaves, ofrecida pola AECT Eurocidade Chaves Verín. No acto estiveron presentes Cándida Couñago, concelleira de Seguridade e Julio Vieitez, concelleiro de Servizos Públicos, ambos do concello de Verín, así como Pablo Rivera, Secretario Executivo da AECT e Xoan Mao Secretario Xeral do Eixo Atlántico.
En Pontevedra, a agraciada recolleu o premio, un fin de semana no hotel Flor de Sal de Viana do Castelo, acto ao que asistiron o director do hotel, Fernando Baptista, a concelleira de Turismo do concello de Viana do Castelo, Maria Jose Guerreiro e o secretario xeral do Eixo Atlantico, Xoan Vázquez Mao, xunto ao director e ao conselleiro delegado do xornal, Miguel Anxo Rodríguez e Antonio de Cora, respectivamente.
