Destaca que, nos últimos anos, Porto cimentouse "como un destino turístico de excelencia e autenticidade
O concello de Porto quere avanzar coa elaboración da Normativa do Consello Municipal de Turismo, con vista á creación desta estrutura como axente de "armonización" de políticas para minorar os efectos do crecemento do turismo.
No texto o concello destaca que, nos últimos anos, Porto cimentouse "como un destino turístico de excelencia e autenticidade, e que atraeu de forma sustentable un elevado número de turistas polo seu patrimonio mundial, pola paisaxe única e inesquecible e pola oferta de produtos distintos".
Pero, estas dinámicas, apunta o municipio, "se por unha banda xeran beneficios, por outro crean algunhas restricións e consecuencias na xestión urbana".
Na proposta explícase que, "esta dualidade inherente á actividade turística fai pensar na necesidade de regular unha plataforma de participación e diálogo entre os diferentes axentes que garantan o equilibrio e armonización para apoio á implementación de políticas que garantan a calidade de vida na cidade".
Para o municipio, só coa participación de axentes asociados ao turismo, "é posible desenvolver unha estrutura que promova unha participación sectorial no ámbito Turismo